Acusan ao goberno de Melide de cometer fraude de lei

0

Melide, 24 de febreiro do 2021 – O Partido Popular de Melide impugna as bases de contratación de dous administrativos aprobadas en Xunta de Goberno Local.

A voceira popular en Melide, Dalia García, considera que estas contratacións están fora dos límites da contratación de persoal e son unha entrada a administración “pola porta de atrás”.

imaxe do edificio do concello de MelideContratacións sen informes

Dalia García asegura que os informes que posúen demostran que a contratación de dous auxiliares administrativos non cumpre coa normativa esixida en réxime de emprego público. Engade que as bases usadas non contan con informe favorable da secretaría nin da Intervención municipal.

Algunhas das condicións que, según o PP de Melide, invalidan estas contratacións son que outorgan  tarefas propias do corpo funcionarial a persoal laboral, algo prohibido pola lexislación autonómica como pola xurisprudencia. Tamén din que poden xerar indefensión aos interesados xa que non quedan claros os recursos que se poden presentar a estas contratacións. Finalmente consideran que existen dúbidas sobre a legalidade da comisión seleccionadora.

Dalia García reitera que “esta non é máis que formulación da nosa coherencia ao avisar no pasado pleno dos orzamentos que, de seguir adiante o bipartito encabezado por Pérez coa teima de contratar a 7 persoas en fraude de lei, o grupo popular impugnaría os procesos. Temos documentación suficiente que nos permite aseverar que esta contratación é fraudulenta e non cumpre cos principios básicos de acceso ao emprego público. Se o bipartito non anula estas bases chegaremos ata o final do asunto para preservar que os procesos selectivos se fagan coas garantías que a lei esixe”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial