Acusan ao goberno de Tordoia de cobrar soldos encubertos

0

Tordoia, 1 de agosto do 2018 –  O grupo municipal do PSOE de Tordoia solicítalle ao goberno local que aclare os pagamentos que diversos concelleiros do PP estarían percibindo do Concello a xeito de soldos encuberto nos últimos anos.

Según os socialistas estes soldos encubertos alcanzarían os 300 euros mensuais desde hai polo menos catro anos, sen que teñan o soporte de ningún acordo plenario. O portavoz municipal, Carlos García, explica que xa pediu en máis dunha ocasión, por escrito e de xeito oral, información sobre estes pagamentos sin recibir resposta algunha “Cremos que é fundamental que os concelleiros do PP e o edil non adscrito se pronuncien sobre esta cuestión porque do contrario en vez de disipar dúbidas están incrementando a sospeita dunha grave irregularidade”. Do mesmo xeito, o PSOE tordoiés solicitou tamén a documentación que conste no Concello sobre os pagamentos a dúas empresas, ao considerar que non parece veraz que executaran todas as obras e prestaran todos os servizos polos que a Administración Local lles pagou. “Xa non é a primeira vez que rexistramos estas solicitudes e tivemos como resposta o silencio”, manifesta o portavoz dos socialistas en Tordoia.

Traballos nunha finca particular

Por outra parte, o PSOE preguntou no pleno municipal do pasado venres por que empregados do Concello colocaron postes de formigón nunha finca de propiedade privada na parroquia de Castenda. O tenente de alcalde, Amadeo Cancela, manifestou verbalmente que o persoal municipal efectuaron eses traballos a cambio dunha cesión de paso, pero en ningunha parte consta documentación algunha sobre o acordo nin sobre a valoración dos traballos. O PSOE denuncia que este tipo de prácticas veñen sendo habituais no Concello nos últimos dez anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies