Adega A Coviña gaña o concurso de tapas de Frades

0

Tapa A Coviña

Frades, 8 de decembro do 2016.- Adega A Coviña, con “Espetada A Coviña” e o seu “Polbo con setas”, foi o gañador da terceira edición do Concurso de Tapas de Frades, celebrado a pasada fin de semana. Unha iniciativa que repetiu o éxito de anos anteriores, xa que se degustaron máis dun milleiro de tapas en tan só dous días no seis locais participantes.

O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, amosouse moi satisfeito co desenvolvemento do concurso xa que “durante a fin de semana houbo unha gran afluencia de xente nos bares participantes e, tendo en conta as papeletas cubertas para o concurso, podemos concluír que se chegaron a regalar máis dun milleiro de tapas en tan só dous días”. Ferreiro Marzoa agradeceu o traballo realizado polos seis locais participantes no concurso e a colaboración da agrupación Sarillo, que percorreu os distintos establecementos, xa que “este tipo de iniciativas son moi importantes para a promoción de Frades, que é unha das prioridades deste equipo de Goberno”.

Premiados

Bar Vilariño

Adega A Coviña recolle o testigo de Raxería Al Alba, gañador das dúas primeiras edicións, e recibirá un premio de 300 euros e placa conmemorativa, que lle será entregado nos próximos días polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez. Bar Vilariño, co seu “Montadiño de raxo”, repetiu no segundo posto por terceiro ano consecutivo, polo que levará un premio de 150 euros e placa conmemorativa.

Ademais do reconto, o Concello de Frades realizou o sorteo dos premios entre os máis de 200 clientes que tomaron parte no concurso. Un sorteo no que resultaron premiados Álex López Valiño (Frades), que gañou unha cea para dúas persoas no restaurante Casa Vella; e Sandra Gómez Silva (O Pino), que levou un circuíto termal para dúas persoas no Hotel Balneario Compostela (Brión).

A terceira edición do concurso de tapas do Concello de Frades contou coa participación de seis locais hostaleiros: café-bar O noso mesón, Adega A Coviña, Bar Vilariño e Taberna “O Mesón” (Ponte Carreira), hostal-restaurante O Cadaval (Ledoira)  e Casa Vella (Abellá).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial