Adif modifica o contrato da estación de Compostela e integra nun edifico e pasarela

0

Compostela, 5 de agosto do 2017 – Adif Alta Velocidade decidiu licitar de inmediato, de forma conxunta, a redacción dos proxectos para a nova estación ferroviaria de Santiago de Compostela e a pasarela sobre as vías que garantirá a intermodalidade, o tránsito cara á estación de autobuses e a permeabilidade urbana sobre as vías.

En virtude do convenio asinado o 15 de xuño de 2016 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, Adif adxudicou a Ineco, en abril de 2017, un contrato para a redacción do proxecto de pasarela peonil sobre as vías.

Tras as primeiras reunións de traballo mantidas entre as tres administracións asinantes, púxose de manifesto que a pasarela sobre vías é un elemento que, ao preverse cunha cuberta, terá gran relevancia estética dentro do conxunto xa que será o acceso ao futuro edificio da estación ferroviaria.

Tamén quedou claro que cando se licitase a redacción do proxecto da estación ferroviaria, esta quedaría fortemente condicionada pola estética da pasarela deseñada con anterioridade, limitando de forma significativa a consecución dun bo proxecto para a cidade.

Dado que é posible licitar un único contrato de redacción de proxectos en varias fases pero garantindo unha unidade formal e estética absoluta entre eles, Adif decidiu desistir do contrato anterior, adxudicado en abril, e licitar de inmediato un novo concurso para a redacción de ambos proxectos (pasarela e estación) de forma conxunta.

O prazo total para ambos os traballos é de 24 meses, manténdose o prazo parcial de 6 meses para a redacción do proxecto da pasarela, respecto ao contrato anterior, pero adiantando a redacción do proxecto da estación, que ata agora non tiña data fixada.

O importe de licitación é de 1,4 millóns de euros (IVE incluído) e contempla a redacción dos proxectos básicos e de construción tanto da pasarela como do edificio da estación.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies