займ срочно

Adolfo Peiteado, Vedra

0

Aos seus 88 anos Adolfo Peiteado conserva o sorriso dun adolescente pícaro… pero sácao pouco a pasear; ve pasar a vida con calma e paseando sempre que pode até o muíño que herdou no Ulla, en Vedra, e do que fala con devoción.

Ao redor dese muíño virou a súa vida desde que naceu, ao redor del e dás viñas que camiñan até a súa porta e das que ninguén podería dicir cando foron plantadas. Adolfo lembra as crecidas do río, e a súa voz cando o conta segue demostrando o respecto que os nosos maiores lle tiveron sempre á natureza, ese que os máis novos parecen perder.

Recoñece que, habendo anos malos, a súa infancia non foi tan mala e que moita xente o pasou  bastante peor durante a guerra e a posguerra; se lle preguntas a que xogaba contestará sorprendido, case sen pensar, que á estornela e si o que queres saber é que comida lembra brillaranlle os ollos ao dicirche que o porco, comezará a contarche que alí non se podían queixar e que cada ano se mataban 3 ou 4 grazas ao que sacaban de arrendar o muíño.

Traballou na construción e só saíu da súa terra 3 meses a Estremadura e  alí ocupou o posto de capataz, daquela época garda unha anécdota que lle fai aflorar ese sorriso tan seu. Onde traballaba tocaban unha corneta para avisar de que se procedía a unha explosión e que a xente se puxera a cuerto,   se ninguén gritaba entendíase que se podía continuar. Tras unha desas explosións un paisano achegóuselles gritando porque mataran a catro porcos que tiña encerrados nun lugar próximo. Adolfo ri ao explicar que os pobres porcos por moito que ouvisen a trompeta non podían facer nada, ao final o xefe pagoullos ao dono e todo quedou aí pero tras contar a anécdota volve o home cabal que pensa e se no canto de porcos…?.

O clima da zona non lle convencía e volveu para o Ulla; entrou a traballar nun serradoiro e alí estivo até a xubilación. Agora pasa as horas tranquilamente aínda que deixa ver nas súas palabras que a situación actual lémbralle demasiado a outras afastadas no tempo, das que puido escapar,  e ás que non lle gustaría volver.

Vedra novembro 2013

*Adolfo Peiteado morreu en decembro do 2016

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies