займ срочно

Adrián Silva e Brenda Vidal estrean “Morriña” no Paraninfo da USC

0

Compostela, 3 de abril do 2018 – Os músicos galegos Adrián Silva e Brenda Vidal ofrecen hoxe martes un concerto de frauta e piano ás 20.00 horas no Paraninfo da USC, Facultade de Xeografía e Historia.

Adrián Silva e Brenda Vidal comezarán o concerto con “Sonate in one movement” e “A Lindisfarne Rhapsody”, para continuar con “La Flûte de la Lune” e o estreo de “Morriña”. O broche final do espectáculo virá da man da interpretación de “Sonate latino”.

Adrián Silva e Brenda Vidal

O pontevedrés Adrián Silva realizou estudos de linguaxe musical e frauta traveseira no Conservatorio Superior de Música de Vigo. No 2009, foi seleccionado como frautista da International Youth Wind Orchestra onde tivo a oportunidade de traballar con grandes mestres da música. Brenda Vidal pola súa banda iniciou os seus estudos de piano no Conservatorio de Música de Vigo. Ao longo da súa carreira musical presentou as súas obras en auditorios de diversos países, como Holanda e Portugal. Ademais, participou en numerosos concertos e festivais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies