Advirten da mala calidade do chan elixido para a Alameda da Estrada

0

A Estrada, 11 de marzo do 2019 – O BNG da Estrada ven de advertir que o cemento branco elixido para o chan da Alameda ensuciarase enseguida sen que sexa fácil arranxalo despois.

Imaxe dunha rúa de Oviedo cun chan similar o que se instalará na Alameda

Imaxe dunha rúa de Oviedo cun chan similar o que se instalará na Alameda

O portavoz nacionalista Xosé Magariños advirte que “A Alameda lucirá lustrosa para o 26 de maio, mais a sucidade da praza de cemento branco será permanente e non será doado nin barato eliminar”. O concelleiro nacionalista explicou que “temos fotos de rúas de Oviedo, onde tamén lles pareceu unha idea brillante utilizar cemento branco, e hoxe teñen unha sucidade permanente que non é doado nin barato eliminar”.

O BNG ven tamén de preguntar hai unhas semanas, ao goberno municipal, si está cuantificado o custo de mantemento da nova Alameda. Según Magariños  “A día de hoxe seguimos agardando unha resposta por parte do goberno, o máis probábel é que descoñezan a cifra e o peor de todo é que será inasumible para as arcas municipais. Se unha cidade como Oviedo mantén sucias as rúas de cemento branco, é porque non pode asumir o custe de limpalas, do cal se desprende que A Estrada tampouco vai poder”, afirmou Magariños.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial