Adxudicada a reforma da estrada provincial ep-7201 Cachafeiro a Silleda

0

Silleda, 20 de febreiro do 2019 – A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicará as obras de rehabilitación integral do firme da estrada provincial EP-7201 Cachafeiro a Silleda.

A estrada cruza os concellos de Silleda e Forcarei. As obras comezaran de inmediato unha vez formalizado o contrato, presentada a documentación e a acta de replantexamento. A actuación entre Cachafeiro e Silleda tiña un orzamento de licitación de 453.104,89 euros que finalmente foi rebaixado ata os 335.070,78 euros. O prazo de execución é de catro meses, polo que se non se producen complicacións no terreo a obra debería estar lista a primeiros de outono.

O obxectivo deste proxecto, segundo explica o deputado Uxío Benítez, é mellorar a seguranza viaria e peonil. As obras mellorarán a plataforma da vía coa pavimentación da traza existente: levantarase todo o firme actual en mal estado, e aplicaranse diferentes emulsións asfálticas, regos de adherencia, mesturas bituminosas e microaglomerados que garantirán a seguridade da nova plataforma. Así mesmo, mellorarase a drenaxe da estrada, instalando tubaxes nas correspondentes beiravías. Por último realizarase o pintado das marcas de sinalización horizontal (liñas lonxitudinais, cebreados, símbolos e frechas, entre outros).

O deputado de Mobilidade explica que os datos do último estudio de aforos realizado pola Deputación revelan que a EP-7201 presenta un tráfico medio duns 1.500 vehículos: no aforo realizado no primeiro treito da vía (entre Cachafeiro e a EP-6501 Grava-Escuadro), concretamente no punto 3+300, a intensidade media diaria ascendía a 1.138 vehículos, mentres que no segundo treito (entre a EP-6501 e Silleda), no PQ 22+000, o número medio de vehículos por día foi de 2.058.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial