Adxudícanse melloras en camiños de Ortoño e Bugallido en Ames

0

Ames, 4 de xaneiro do 2019 –  A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar a adxudicación das melloras nos camiños de Santo a Mourigade e de Maguxe a Lapido, nas parroquias de Ortoño e Bugallido.

Os arranxos de estes camiños contan cun investimento de 91.476 euros e están incluídos no Plan de Obras e servizos da Deputación. O prazo de execución é de seis meses a partir de onte xoves, data da sinatura do contrato.

A través do proxecto de mellora preténdese arranxar e pavimentar o firme en aglomerado. Trátase de dúas vías de comunicación importantes para a a veciñanza amesá. A primeira delas, de Santo a Mourigada, é utilizada polos veciños e veciñas da parroquia para saír a Santiago, mentres que o camiño de Maguxe ata a ponte de Lapido constitúe unha vía alternativa de moito uso para achegarse a Bertamiráns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial