O aeroporto xa é oficialmente o Rosalía de Castro

0

Compostela,3 de abril do 2020 – O BOE de onte publicou o cambio oficial do nome do aeroporto de Santiago, que a partir deste momento pasa a denominarse oficialmente “Aeroporto de Santiago Rosalía de Castro”.

O Concello de Santiago de Compostela, para poñer de manifesto a relevancia de Rosalía de Castro como escritora máis representativa da lingua galega, e con motivo do 180º aniversario do seu nacemento, acordou solicitar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a AENA o cambio da denominación.

O aeroporto xa é oficialmente o Rosalía de CastroEngadíndolle o nome de Rosalía ao Aeroporto de Santiago, reivindícase a súa memoria, a súa contribución á literatura europea e a súa loita pola recuperación e a forxa da identidade de Galicia.

Os gastos derivados do cambio de denominación serán sufragados polo Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela.

O aeroporto xa é oficialmente o Rosalía de Castro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial