Afterparty coa compañía A Feroz esta fin de semana no Salón Teatro

0

Compostela, 1 de xuño do 2019 – A Feroz regresa esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago con Afterparty, espectáculo de debut desta nova compañía galega que foi estreado o ano pasado neste mesmo escenario dentro do programa de residencias artísticas do Centro Dramático Galego.

Afterparty, escrita e dirixida por Lorena Conde, poderase ver hoxe sábado, ás 21,00 h., e mañá domingo, ás 19,30 h. A Feroz  botou a andar hai pouco máis dun ano para, nas súas propias palabras, transcender as barreiras persoais e poñer en común sobre o escenario as preguntas que comparten como xeración, ademais de todas as posibles respostas. De ese traballo conxunto xurdiu esta obra que fala da decepción, do empeño na felicidade e da procura de respostas por parte desa xeración que chegou tarde a todo. A Feroz defínea como “relato emocional no que reina o espírito do lixo, do exceso posmoderno”.

O resultado é un “artefacto escénico” no que a letra, a música, o espazo e o movemento corporal foron desenvolvéndose á vez durante un proceso de creación interdiciplinar. Inés Salvado, Beatriz Romero, Gustavo Freire e Lolo Castro son os encargados de lle dar vida ao espectáculo, para o que esta fin de semana contarán coas achegas de varios colaboradores sorpresa. Para levalo ás táboas, contaron coa escenografía de Álvaro G. Mallo e Cecilia Castro, o espazo sonoro de Manuel Abraldes, a fotografía de Tamara de la Fuente e a produción de Beatriz Romero.

A venda de entradas para estas dúas funcións xa está dispoñible no web entradas.abanca.com e no teléfono 902 434 443. No despacho de billetes do teatro, poderán adquirirse desde dúas horas antes do comezo das representacións. O seu importe é de 10 euros, cos descontos habituais, para o sábado, e de 5 euros (prezo único) o domingo, Día do Espectador no Salón Teatro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial