Afundación continua co ciclo Sonoro empeño cun concerto de Oh! Ayatollah

0

Compostela, 14 de maio do 2019 – No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño, centrado en amosar distintas actuacións e actividades musicais, este mércores os protagonistas serán na sede da Praza de Cervantes os Oh! Ayatollah.

A cita a partir das sete e media da tarde require de inscrición cubrindo o seguinte formulario . Oh! Ayatollah é un grupo de pop fundado en Santiago de Compostela a finais do 2015 froito da unión de varias persoas que coincidiran estudando nesta cidade, todas cunha sensibilidade parella no musical e ganas de pasalo ben tocando. En abril de 2016 sacan a súa primeira referencia, un EP de cinco cancións titulado Cancións por se non te quere xa. En novembro dese mesmo ano sae o seu videoclip Mi, Re, La, realizado polos irmáns Miranda, que levará o premio ao Mellor Videoclip na sección do xurado do Festival de Cans de 2017.

Simultaneamente, xiran sen parar por toda a xeografía galega, actuando no I Festival do Leite de Santiago de Compostela, no Galegote Rock 2017 en Pontevedra, na Sala Mardi Grass da Coruña ou na Festa Cidade Europea do Viño en Cambados. Actualmente continúan presentando o seu último LP, Volve a canción protesta.

Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e desenvolver a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

 

A EXPOSICIÓN

A través de 51 pezas asinadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago ou Susana Solano entre outros, este proxecto expositivo ilustra a relación e os puntos en común que comparten a música e as artes plásticas. Mediante obras pertencentes ás coleccións de arte de ABANCA e Afundación, asume o ambicioso reto de amosar este vínculo, un tema recorrente ao longo da historia da arte que foi obxecto de numerosas teorizacións e reflexións e deu pé a novas formas creativas.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 15 de setembro no Centro Obra Social ABANCA, de martes a venres en horario de 17.00 a 21.00 h, e os sábados, domingos e festivos, de 11.30 a 13.00 h e de 17.00 a 21.00 h, e contará con servizo de audioguía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial