Afundación presentou en Padrón a exposición fotográfica «Auga. O sangue da terra»

0

Padrón, 8 de febreiro do 2019 – O vestíbulo do Auditorio Municipal de Padrón acollerá esta tarde, 19.30 h, a inauguración da exposición fotográfica «Auga. O sangue da terra», de Manuel Valcárcel.

A exposición «Auga. O sangue da terra» realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a cunca do lugués río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto expositivo que ten como obxectivo valorar a importancia da auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia da auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas.

A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata o vindeiro 28 de febreiro, de luns a sábado en horario de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.

Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Padrón, ABANCA e Afundación, institucións que estarán representadas no acto de inauguración polo alcalde, Antonio Fernández; o director de Banca Institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela.

A colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial