Agadea Alzhéimer e o concello de Teo abren un servizo gratuíto para persoas con demencia

0

Teo, 2 de marzo do 2019 – O concello de Teo contará, a partir do 14 de marzo, dun servizo gratuíto de Estimulación Terapéutica, dirixido ás persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexerativas.

Ata dez persoas se beneficiarán deste servizo municipal, que nace froito da cooperación entre Agadea Alzhéimer e a concellería de Benestar e Igualdade de Teo e que permitirá frear a desorientación e déficit cognitivo que acarrea esta doenza neurolóxica. Con este fin aplicaranse técnicas de psicoestimulación cognitiva, xerontoximnasia, así como actividades lúcidas e socializadoras que favorecen a independencia e autoestima dos usuarios. A súa vez conseguen que as capacidades non danadas se manteñan o maior tempo posible. Tamén se ofrece asesoramente ás familias.

Estas terapias serán impartidas por psicólogas de Agadea todos os martes de xoves, entre as 16.00 e as 19.00 horas na Casa Común de Cacheiras. Antes de participar no programa os profesionais levarán a cabo unha valoración da persoa para distinguir o seu grao de afectación.

A Traballadora Social de Agadea Alzhéimer, Lucía Fandiño e o concelleiro de Benestar e Igualdade, Ignacio Iglesias, presentaron este novo Servizo de Estimulación Terapéutica ao ámbito sanitario do concello de Teo. Concretamente visitaron o Centro Médico de Calo onde mativeron unha reunión co persoal médico ao que puxeron ao corrente desta nova posibilidade asistencial para os veciños e veciñas da zona.

Por outra banda, o vindeiro 13 de marzo, ás 20.00 horas, na Casa Común de Cacheiras persoal especializado de Agadea e de Servizos Sociais do concello pronunciarán unha charla informativa aberta a todos os interesados e co posibilidade de solvertar calquera tipo de dúbida.

Agadea Alzhéimer conta cunha ampla experiencia na prestación deste servizo con centros en Santiago, A Estrada, Vedra, Ribeira e  cun Centro de día en Ribeira e outro de próxima apertura na Estrada. Agadea celebra neste 2019, vintecinco anos de traballo a favor dos enfermos con demencia tipo alzhéimer.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial