O Agader remata a biblioteca e aula de informática de Frades

0

Frades, 27 de xuño do 2019 – A Consellería do Medio Rural, por medio do Agader, vén de rematar as obras de acondicionamento do edificio multiúsos do concello de Frades como biblioteca, aula de informática e aula para actividades.

agader arranxa a biblioteca de FradesAs actuacións levadas a cabo enmárcanse nun proxecto senlleiro que xestionou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ente adscrito a esta consellería, e que contaron cunha achega de 40.000 euros, mentres que o Concello de Frades achegou os 17.637,35 euros restantes.

O director da Agader, Miguel Pérez Dubois, achegouse a Frades para comprobar o resultado final deste proxecto de mellora guiado polo alcalde, Roberto Rey Martínez, e acompañado polos concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro, e Medio Ambiente, Juan Carlos Portos. O proxecto consistiu na rehabilitación integral do edificio. Para iso, aproveitáronse os materiais e as estruturas existentes e usáronse novidosos materiais de illamento, tanto sonoro como de calor, que fan das instalacións un lugar apto para as actividades de estudo.

agader arranxa a biblioteca de FradesO director xeral destacou o aproveitamento destas infraestruturas en beneficio dos veciños e subliñou que este proxecto vai ofertar un novo servizo que permitirá un maior arraigamento dos veciños ao territorio, xa que se habilita unha biblioteca e unha aula informática e de emprego das TICs.

Detalle das obras

O edificio multiúsos de Frades é unha edificación que consta de dúas plantas. A primeira planta ten forma de “L”, mentres que a primeira é rectangular, sobre un dos lados da “L” da planta baixa e non tiña uso ningún. A planta baixa esquerda quedou como estaba, como gran aula de reunión con capacidade para ata 100 persoas e que pode dividirse en dúas salas independentes.

agader arranxa a biblioteca de FradesPola súa banda, as obras permitiron trasladar o museo de apeiros de labranza á planta alta do inmoble, mentres que a planta baixa dividiuse en tres tramos para acoller unha aula para cursos formativos (de entre 15 e 25 persoas), unha biblioteca e sala de estudo que conta xa con máis de 150 socios nos seus dous meses operativa e unha aula multiúsos con 16 ordenadores con conexión a Internet a alta velocidade.

Desenvolvemento rural

A través desta liña de apoio ao desenvolvemento rural, que se centra no impulso a proxectos senlleiros, nos dous últimos anos leváronse a cabo 30 iniciativas que contaron cunha achega de Medio Rural de máis dun millón de euros. Para este ano 2019, o orzamento presupostado ascende a máis de 900.000 euros.

agader arranxa a biblioteca de FradesEste tipo de proxectos, matizou o director xeral, permiten defender e promocionar os valores culturais do pobo galego, actuando no fomento e promoción da cultura e na protección, conservación e difusión do patrimonio cultural. Exemplo disto foi o acondicionamento do local social de Poulo (Ordes), a rehabilitación dun “pendello” nun mercado tradicional (Agolada) ou a mellora do centro hípico do mercado de gando de Guimarei (A Estrada), entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial