займ срочно

Ágora, concellos para as persoas

0

Bisbarra, 24 de setembro do 2020 – A Estrada, Forcarei, Cerdedo, Silleda, e Vila de Cruces veñen de incorporarse a rede Ágora, impulsada desde a Deputación de Pontevedra, que busca recuperar espazos para as persoas reducindo os dos coches.

No programa Ágora participan xa 44 dos 61 concellos da provincia de Pontevedra. Nas comarcas do Deza-Tabeirós a adhesión foi aprobada pola metade dos concellos, incorporándose Silleda e Vila de Cruces, e tamén A Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade, coas ausencias de Lalín, Agolada, Dozón e Rodeiro.

O deputado Uxío Benítez, promotor da iniciativa, acompañado de persoal do seu departamento, e da secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan, Ana Montalbán, destacou a súa satisfacción pola boa acollida do modelo. Lembrou que no mes de maio se fixo unha presentación aos concellos, aos que se lles deu de prazo ata o 15 de setembro para formalizar oficialmente a adhesión. “O resultado é máis que satisfactorio pola nosa parte. Entendemos que é un grande éxito de participación e de acollida. Veremos de agora en diante, xa que o compromiso é incrementar o espazo público para as persoas (…), e en xuño de 2023 temos que demostrar con datos que Ágora serviu para algo”.

Ágora, concellos para as persoasA inclusión na ‘Rede Ágora’, para a que non se descarta unha nova apertura de prazos de adhesión, suporá para os concellos a participación en programas e axudas provinciais, a recepción de asesoramento por parte de persoal especializado, a captación de recursos externos para financiar proxectos (nomeadamente fondos europeos), a representación nas redes ‘Cidades que Camiñan’ e ‘Cidades pola Bicicleta’), a participación en cursos, conferencias e exposicións, así como no impulso en accións de sensibilización nos centros educativos. 

Algunhas desas iniciativas previstas para os vindeiros meses son a creación dun Consello Asesor participado por profesionais de recoñecido prestixio, a realización de liñas de subvencións para proxectos de recuperación do espazo público, a creación dunha ‘Facultade Ágora’ para formación de persoal técnico, unha mesa de traballo,  así como a celebración dun Congreso Internacional e os Premios Ágora ás mellores intervencións no espazo público da provincia.

Rede de Cidades que Camiñan

O deputado de Mobilidade explicou que tamén se celebrou unha reunión coa secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan, unha entidade da que a Deputación forma parte dende principios de verán, e de forma automática os concellos incorporados a Ágora. Subliñou que a de Pontevedra é primeira deputación que entra a formar parte e insistiu en que é preciso traballar en conxunto para “crear un estado de opinión sobre a importancia de conseguir municipios máis camiñables”.

Pola súa banda, Ana Montalbán, agradeceu que a Deputación se teña integrado á Rede de Cidades que Camiñan e felicitou ao deputado pola iniciativa de Ágora, “xa que nos parece un proxecto fantástico e unha maneira moi interesante de investir o diñeiro público en proxectos que vaian a favor da camiñabilidade e da recuperación do espazo público para as persoas”. Destacou que os 10 principios de Ágora son practicamente os mesmos que os da Rede “por iso cremos que a nosa colaboración é moi interesante”.

Montalbán tamén sinalou que a adhesión da Deputación á Rede de Cidades que Camiñan non é simplemente nominal, “senón que entrou con forza” e está traballando por sacar adiante iniciativas como a campaña de ‘Cidade 30’ e tamén para influír na Lei de Mobilidade que “na que non queremos que os peóns sexamos un referentes no texto, pero esquecidos na práctica”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies