займ срочно

O PP pide a recuperación dunha finca en Lamas de Abade

0

Compostela, 3 de maio do 2017 – O portavoz popular presenta unha iniciativa para que o Goberno local redacte un plan de ordenación e usos dunha finca situada en Lamas de Abade, e inicie a rehabilitación.

A finca en cuestión ten 15.000 m2 e usouse habitualmente como viveiro de plantas para repoñer as dos distintos parques e xardíns da cidade e recibía os abetos que daban os veciños despois do Nadal. Conta cun hórreo e un pombal, un cruceiro e unha capela polo que ten un gran valor patrimonial.

O Partido Popular proporá ao pleno municipal que se redacte un plan de ordenación e usos e pouco a pouco se recupere para os veciños de Lamas de Abade e da cidadanía en xeral..

Agustín Hernández recoñecía na rolda de prensa que pese a coñecer a finca non sabía que era de titularidade municipal

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies