займ срочно

Albergue Xoán XXIII, o único teito para os sen teito

0

Recentemente morreron dúas persoas na cidade que non tiñan fogar, dous sen teito. Compostela creceu en pisos, en auditorios e teatros, en rúas e centros comerciais pero sigue tendo un único albergue para os que non teñen onde durmir, o de Xoán XXIII.
Cando hoxe falamos dos sen teito como si foran unha consecuencia da crise dos últimos anos esquecemos que esta sociedade leva décadas sen arranxar ese problema, o albergue de Xoán XXIII é o exemplo perfecto.
Corría o ano 1969 cando dous franciscanos, Frei José Antonio Peteiro Freire y Frei José Manuel Casal Méndez, atenden cada día aos numerosos transeúntes que chegan ao convento pedindo axuda e un sitio no que pasar a noite. Xunto a esa axuda tiñan na mente a necesidade de dar formación social e cultural a moitos veciños do cercano barrio de Vista Alegre.
Con estas dúas premisas e coa axuda da comunidade franciscana, que cede o local que ata fai pouco ocupaban os novizos, nace en 1971 o que en aquel momento se chamou Centro Cultural Xoán XXIII. 10 camas, un pequeno salón e capacidade para que durmiran cada noite 15 persoas.
A historia do albergue esta toda na súa web e pódese ler a evolución ata os nosos días no que ten capacidade para 25 persoas, limitada a ese número polas últimas normativas de seguridade emitidas desde a Xunta de Galicia, servizos de lavandería, biblioteca onde se imparten cursos subvencionados e tanta o máis ilusión que cando comezou.
Falamos co actual responsable, Frei Joaquín Pulleiro quen nos contaba que segue a ser o único albergue da cidade para transeúntes despois de 42 anos

O albergue vive das subvencións e os donativos, cando non chegan, que é case sempre, e o convento o que faise cargo do que falte

A xente pide un lugar onde durmir e poderse asear pero o albergue viu ao longo dos anos a importancia de complementar esas necesidades básicas coa formación

Para moitos dos que pasaron e pasan polo albergue eses cursos supoñen un cambio radical, a ilusión de ter un motivo para seguir adiante

Frei Pulleiro pon branco sobre negro o drama do desemprego e a importancia do traballo para recuperar a ilusión

Pero o traballo realizado cos que pasan polo albergue tamén ten retorno, moitos deles acaban sendo profesores no centro e os mellores embaixadores do traballo realizado

O albergue Xoán XXIII segue cumprindo a mesma labor social que cando naceu hai 42 anos, é unha mostra de que esta sociedade non cambiou tanto e segue deixando xente ao marxe. Cando algúns falan dos sen teito, dos que non teñen fogar, terían antes que pasar polo albergue e coñecer a realidade dos que de repente quedaron fora do mundo sen pretendelo.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”7″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”5″ show_thumbnail_link=”1″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies