O alcalde de A Baña retira competencias a Xunta de Goberno Local

0

A Baña. 24 de agosto do 2018 – O alcalde de A Baña, Andrés García Cardeso, ven de revocar a decisión do mes de xullo do 2015 pola que cedía as competencias en contratos administrativos a Xunta de Goberno Local.

O Boletín Oficial da Provincia publicaba o pasado día 17 a resolución pola que o alcalde recupera as competencias en contratacións, no caso das que superen os 50.000 euros, e en servizos e suministracións nas que superen os 18.000 euros. A resolución entrou en vigor desde a data de publicación.

O Partido Socialista, na oposición, pregúntase nun comunicado cal é o motivo para que o alcalde anule as competencias dos membros do seu propio equipo de goberno. O Portavoz socialista, José Antonio Pereira, explica que esta decisión dálle a exclusividade ao alcalde a hora de decidir sobre que que obras e a quen se lle adxudican.

Pereira engade que pedirá explicacións sobre esta decisión ” Como concelleiro e portavoz municipal do Grupo Socialista pedirei as oportunas explicacións sobre esta nova maniobra de Andrés García Cardeso, no próximo pleno municipal”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial