O alcalde de Ames disporá de 200 euros ao mes para gastos de protocolo

0

Ames, 8 de xuño do 2018 –  Pacto x Ames denuncia que o alcalde, José Miñones, disporá dunha tarxeta de 200 € mensuais para gastos de protocolo.

Según PxA, o decreto asinado polo alcalde autorizando o uso dunha tarxeta de banco, cun límite mensual de 200 euros, para gastos de protocolo é confirmado posteriormente por outro asinado pola Concelleira de Contigo Pódese e responsable da Concellería de Facenda, Genma Otero Uhía. Os concelleiros demandan tamén unha explicación de porque se autoriza a un ano das eleccións este uso cando nos tres anteriores non foi necesario.

PxA considera inxustificada a decisión que “non ten precedentes”. O uso da tarxeta en cuestión permite calquera tipo de gasto e a única condición e que se emita factura. Para Pacto x Ames trátase dunha práctica con “toda a cobertura legal pero que carece de toda a ética política”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial