Alcaldes para unha lexislatura (1)

0

Bisbarra, 4 de xuño do 2019 – Aínda que ao longo dos vindeiros catro anos tentaremos entrevistar a tódolos alcaldes da bisbarra, xa podemos ir coñecendo os primeiros proxectos dos que o día 15 serán investidos case con total seguridade.

José Luís García, un alcalde persistente

Aínda que pasou por varios partidos desde o inicio da democracia hai anos que pertence ao Psoe. José Luís García leva 40 anos na alcaldía de Brión pero o certo é que segue a ser dos que máis “innovan” en cada lexislatura. Un bo exemplo é o proxecto que rematará en este mandato e comezado no anterior e que é único en Galicia, un matadoiro móbil para as pequenas explotacións. unha idea tomada de distintos países europeos.

A renovación da maioría absoluta non por esperada foi menos satisfactoria, García pon como exemplo que por 87 votos non tivo un concelleiro máis

Entre as ideas para estes catro anos o xa mencionado matadoiro pero tamén un ansiado auditorio no que exhibir obras de teatro de maior formato ou incluso películas de estrea

Roberto Rey, sabor agridoce

A maioría absoluta do popular Roberto Rey en Frades viuse empeñada pola perda dun concelleiro. O Psoe nin se presentara hai catro anos e en estas eleccións conseguiu 3 concelleiros cabalgando a ola das xerais.

Rey sabe que a política, como outras moitas cousas, e cíclica e si agora é o momento do Psoe dentro de catro anos non se sabe que pasará

O alcalde en calquera caso pensa só en traballar. Os proxecto van saíndo adiante e outros ocupan o espazo, moitos deles relacionados co benestar dos veciños, se os máis pequenos foron un dos eixes do pasado mandato os maiores pode que o sexan agora

Manuel Miras, un socialista á contra

Mirás sempre sacou en Oroso máis votos nas locais que nas europeas ou xerais, en este caso tamén pero moitos menos. O resultado dunha dura campaña desde a oposición fixo que perdera a maioría absoluta coa que gobernou durante catro anos.

Volverá a ser alcalde xa que o BNG, que ten a chave, xa adiantou que experimentos como o de Catoira (no que os nacionalistas queren negociar co PP para sacar da alcaldía ao Psoe) non teñen cabida en Oroso. Xa sexa en con acordos puntuais ou cun acordo de goberno estes catro anos Mirás seguirá, previsiblemente, sendo alcalde.

Oroso é outros de eses concellos nos que sempre hai proxectos en marcha, continuar as sendas peonís ou rematar o novo auditorio xa licitado son algunhas das ideas para esta lexislatura

Manuel MIrás é ademais secretario provincial de política municipal do Psoe e cóntanos para rematar este artigo a súa valoración a nivel provincial e da designación de Valentín González Formoso como candidato a presidir a Deputación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial