Rois ten pouco máis de 4.000 habitantes e vive, en certo modo, á sombra de Padrón. O certo é que ten un inmenso patrimonio, abundante industria e un campo de golf que conseguiu manterse como unha referencia na comunidade.
Ramón Tojo é alcalde de Rois desde as eleccións do 2007. cando se presentou por primeira vez. Como lles pasou ao resto de alcaldes non vivira algo como o que está a suceder nunca e tivo que aprender, tamén como todos, a xestionar unha pandemia.
Comezamos falando con Ramón Tojo sobre iso, sobre o xeito de resolver todos os problemas aparecidos nos últimos meses. Unha atención permanente por medio dun teléfono 24 horas, coordinación co centro de saúde e o esforzo dos traballadores de asistencia social e protección civil foron as ferramentas que se usaron
Nos concellos pequenos a gran vantaxe é o coñecemento exhaustivo da poboación, algo que permite manter unha comunicación directa coa veciñanza
Ramón Tojo explica que están nunha situación boa o que anima a moita xente a preguntar pola posibilidade de vivir en Rois. Este interés viuse reforzado cunha campaña en redes que busca atraer novos veciños
O panorama económico a medio prazo é de incerteza. Tojo recoñece que esa boa situación pode continuar sempre que as empresas radicadas na contorna segan na mesma liña de traballo que conseguiron manter na pandemia.
Rois presentaba a pasada semana, xunto coa empresa compostelana Audicon, un proxecto que logra reducir o tempo dos trámites administrativos. Ramón Tojo explica que o papel dos concellos é apoiar as empresas de xeito que cando teñan que realizar calquera xestión esta non se demore e pide a todas as administracións que teñan esto en conta
Un dos proxecto máis importantes de esta lexislatura ten que ver coa accesibilidade peonil. A Xunta está facendo unha inversión de máis de 600.000 euros na estrada AC-301 pero, tal como explica o alcalde, é só unha parte de todo o que se quere facer
Como diciamos ao comezo, Rois é tamén un lugar no que o patrimonio ten unha importancia especial. Proximamente se presentarán dous roteiros de senderismo e hai pouco rematou unha serie de actividades no Pazo do Faramello, son dous exemplos do traballo que se está a facer no eido cultural
Rois é un concello para visitar por moitas razóns, Ramón Tojo o sabe e o explica onde queira que vaia. A veciñanza ten que estar contenta xa que esta é a cuarta lexislatura con maioría absoluta e na que está a enfrontarse ao momento máis duro. A amabilidade e a cercanía son as armas dun alcalde que, de xeito discreto, está poñendo a Rois en mellor posición que concellos da contorna con máis sona.