Alcaldes. Vedra, Carlos Martínez Carrillo

0

O concello de Vedra é un dos que mellor está sobre levando esta segunda onda do Covid. Sen brotes coñecidos e sacando a diante pouco a pouco programas e obras pendentes.

Alcaldes. Vedra, Carlos Martínez CarrilloO seu alcalde, Carlos Martínez Carrillo, conseguía nas eleccións do 2019 consolidar unha maioría coa que afrontar con tranquilidade a lexislatura.  O Covid mudou todo en marzo e cando hai un par de meses rematou o confinamento o rexedor reuniuse co seu equipo de goberno para afrontar unha nova etapa moi distinta

O rural, como vimos en outras entrevistas, reforzou a súa imaxe de refuxio durante esta pandemia. Vedra percibe ademais esa intención de volver a pobo de moitos urbanitas, non só por afastarse da pandemia se non tamén para cambiar un modo de vida demasiado appurado

Alcaldes. Vedra, Carlos Martínez CarrilloPero a volta ao rural e a chegada de novos veciños trae tamén novas esixencias. Unha das principais a da conectividade, algo que como explica Carlos Martínez xa se detectaba antes da pandemia

Ao marxe da crise económica que se deriva da sanitaria os concellos non poden deixar de avanzar. En este sentido Vedra ven de adxudicar a primeira fase do saneamento de Santa Baia resolvendo un vello problema do CEIP e da parroquia

A parroquia de Santa Baia é a máis poboada do concello e Martínez Carrillo recoñece que o saneamento é unha das obras máis complicadas en calquera concello, o alcalde espera que para o remate da lexislatura o 60 por cento do concello teña este servizo ou estean en marcha proxectos de obras

Vedra ven tamén de presentar as súas actividades culturais e deportivas, outro dos programas que a crise sanitaria do Covid puxo en xaque en todos os concellos

O equipo de goberno non pensa en prorrogar orzamento es traballa xa en preparar uns presupostos que aprobar antes de finais de ano e que afronten uns vindeiros meses que serán sen duda moi complicados

Alcaldes. Vedra, Carlos Martínez CarrilloCarlos Martínez Carrillo é de eses alcaldes que ten delimitado o concello na cabeza. Un pode preguntar por calquera aspecto ou lugar que saberá como está ou onde queda. Implicado desde pequeno no tecido asociativo está demostrando unha capacidade de diálogo que no que acabamos de pasar, e no que virá, é unha das mellores ferramentas que un concello pode ter.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial