займ срочно

AldaoLado este xoves nas Crechas

0

Compostela, 21 de marzo do 2018 – Este xoves, a partir das nove e a un prezo de 5 euros, o dúo AldaoLado presentan nas Crechas o seu novo espectáculo “Cría fama e bótate a correr”

AldaoLado chegan as Crechas dentro da Rede Galega de Música ao Vivo. Tras o seu paso polo Luar, Aldaolado reflexionan sobre as virtudes e baixezas da fama cun espectáculo no que se reinventan, airean as súas vergoñas antes de que o fagan nas revistas de papel cuché e comparten cos asistentes os poemas que as sacarán de pobres e aqueles que merecen os máis escuros agochos. “Cría fama e bótate a correr” sérvese da unión de poesía, música en directo e humor que caracteriza o dúo, pero nesta ocasión achega novas cancións, poemas inéditos e inesperadas sorpresas para quen desexe emocionarse e rir nunha velada que é moito máis ca un recital de poesía.

Aldaolado

Lucía Aldao e María Lado compoñen o dúo Aldaolado, co que levan máis de dez anos achegando a poesía de maneira diferente a espectadores de todo o país. Os seus recitais son auténticos espectáculos que unen a lectura de poemas propios, humor e música en directo, con moita frescura e unha importante participación do público. Son a comunión perfecta entre emoción e risa, e con eles estiveron presentes en festivais, festas, centros de ensino, concellos, teatros, bares e todo tipo de escenarios e eventos.

As dúas poetas son autoras dunha ampla obra, inédita no caso de Aldao e editada en seis poemarios no caso de Lado, e ámbalas dúas contan con sobrada experiencia sobre as táboas, o que lles permite unir improvisación e números preparados a conciencia nas súas actuacións. Con estas armas falan do amor, da lingua, da muller, das súas propias experiencias como creadoras, do tempo que lles tocou vivir… Un Aldaolado é sempre unha celebración da poesía, da ledicia e da vida e unha demostración de como un poema pode mudar (un pouco) a realidade.

María Lado é escritora e ten unha forte vinculación co teatro, onde desenvolveu traballos de actriz e realizou varias adaptacións de textos para a escena. Como poeta ten seis títulos publicados: A primeira visión (1997) casa atlántica, casa cabaret (2001), Berlín (2005), nove (2008), Amantes (2011) e Oso, mamá si?(2015). Publicou tamén o guión da radionovela Novembro, producida pola Radio Galega en 2006 e o libro infantil Porque Cuqui non quere ir á lavadora (Apiario, 2014).Como actriz  traballou recentemente no espectáculo Oeste Solitario de Producións Teatrais Excéntricas e nas montaxes infantís As manoplas da carapuchiña, Os seis barbudos e A pota que trota, das que tamén realizou a adaptación do texto e a dramaturxia. Dirixiu tamén as montaxes A guerra dos números y As peripecias de Extravagazza Pérez para o Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Lucía Aldao é poeta e integrante do dúo aldaolado, onde realiza espectáculos poéticos coa tamén poeta María Lado desde 2005. Colaborou xunto co actor Carlos Blanco no espectáculo Dillei, e no programa da TVG Somos unha potenzia, ambos dirixidos por este. Formou parte do proxecto musical alDDao, xunto co artista e músico Diego Delgado. Coordina o certame literario de narrativa breve do concello de Curtis desde 2009. Participou tamén durante anos cunha colaboración poética cada domingo no programa Tres peixes voando, da Radio Galega. Como actriz traballou nas montaxes infantís As manoplas da carapuchiña, Os seis barbudos e A pota que trota e A Guerra dos números onde ademais é compositora das letras das partes musicadas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies