Aldea Viva pide que se revise a autorización ambiental da planta de elaboración de fertilizantes de Touro

0

Touro, 7 de febreiro do 2018 –  A Asociación Aldea Viva denuncia o vertido de residuos a canles fluviais por parte da empresa TEN S.L. e pide que se revise a súa autorización medioambiental.

 Aldea Viva explica que a autorización de Tratamientos Ecológicos del Noroeste (T.E.N. S.L.), outorgada en xullo do 2015 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, permitiulle á empresa a instalación dunha planta de valorización de residuos para elaboración de fertilizantes e solos artificiais (tecnosoles) e a xestión de residuos non perigosos de orixe doméstica e industrial, que se localiza na corta da mina de Arinteiro. Según a asociación a empresa ven depositando dende hai tempo, fora dos terreos e lugares acotados para elo,  lodos de depuradoras entre outros materiais, que coas primeiras chuvias e mediante escorrentías, dada a súa verticalidade, rematan nas canles públicas. Nas denuncias presentadas a asociación presenta distintos documentos gráficos.

A Asociación Aldea Viva entende que a Resolución do Órgano Administrativo obriga ao titular a comunicar calquera modificación que se pretenda levar a cabo, ademais da presentación dun informe de situación da contaminación dos solos co contido establecido no Decreto 60/2009, de solos contaminados de Galicia.

As referencias normativas á Lei 16/2002 deberan ser estendidas ao Real Decreto Lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control da contaminación, que deroga á norma anterior, co que, nesta situación, logo de calquera modificación sustancial das instalacións, estas deberan ser sometidas a un novo procedemento de autorización ambiental.

Aldea Viva considera que os feitos referidos poderían ser motivo de incumprimento da AAI, en canto non se cumpren as obrigas e os condicionantes impostos a T.E.N. S.L., na que se recolle a prohibición expresa de verter ao dominio público hidráulico as augas residuais industriais (lixiviados ou mesturas destes coas escorregas) tal e como acreditan documentalmente as probas presentadas.

Doutra banda, Aldea Viva solicita que se proceda a inspeccionar as zonas de vertedura de residuos da merantil sobre os taludes e cómo ven sucedento a súa chegada ao dominio público hidráulico e, de ser o caso, se adopten as medidas de disciplina ambiental e sancionadoras recollidas no Real Decreto Lexislativo 1/2016 e na propia normativa de augas de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies