Aldea Viva presenta catro tipos de alegacións ao proxecto de drenaxe da mina de Touro

0

Touro, 27 de febreiro do 2019 – A Asociación Aldea Viva ven de informar das distintas alegacións presentadas ao proxecto de drenaxe da mina de Touro presentado pola empresa.

Aldea Viva explica que o proxecto de drenaxe consistiría en anular os ríos contaminados da contorna da mina de Touro e bombealos ás balsas mineiras que están abandonadas, o que acabará provocando que as augas vaian directas aos afluentes do Ulla. A asociación presenta catro tipos distintos de alegacións que abarcan datos administrativos, técnicos ou científicos ademais de cuestionar moitas das aseveracións contidas na documentación da empresa.

No apartado administrativo explícase que se superpoñen dous procedementos a autorización do proxecto temporal por Minas Coruña está condicionada á presentación dun proxecto de drenaxe definitivo por parte de EXGA nun prazo de tres meses(6 de novembro a 6 de febreiro). Como non consta que se presentara en prazo, si así fora débese volver  a tramitar un período de información pública, que suporía o decaemento deste proxecto temporal.

Aldea Vive desminte en outra alegación a afirmación da empresa de ter rexenerado a mina cando di que ”después de la adquisición de la mina se actúo contundentemente sobre todos los terrenos.. los únicos  puntos sobre los que se  no actuó, y esto fue premeditado: Portapego, Angumil e Felisa por donde salen aguas ácidas provenientes de las presas de estériles. En estos puntos se ha generado un ecosistema de gran interés científico”. A asociación lembra que si se actuou pero que a consecuencia foi un empeoramento e presenta ante Augas de Galicia documentos gráficos, denuncias desde o ano 1.999, Actas dos Plenos da Corporación , e ortofotos anuais desde 1990 ata 2014 nas que se aprecia con claridade os cambios de orografías, clausura da balsa mediante a aportación de lodos e  materiais de refugallo que a enterraron, ademais das obras de acceso ao Polígono Industrial. Tamén negan a afirmación de Exga na que din “que se trata de tres fuentes de agua (Angumil, Portapego e Felisa) que surgen al pie del talud de la antigua mina que proceden de la infiltración y percolación del agua a través de los lodos de las antiguas presas con partículas que provocan la generación de drenajes ácidas”; según a asociación non son tres fontes as afectadas, senon nove e presenta ante o organismo autonómico as coordenadas das 9 localizadas.

No apartado técnico a asociación alega que os datos das medicións  pluviométricas, coeficientes de escorrentía, Poi e outros índices foron tomados manexando de xeito inadecuado o chamado período de retorno. Os datos tomados por Aldea Viva, cos períodos de retorno marcados por lei, outorgan uns valores entre 4 e 20 veces superiores (tendo en conta que o período debe ser o mesmo para todos os índices).

Como último apartado o colectivo veciñal alega que os anexos incluídos no proxecto de drenaxe non gardan relación ou coherencia co obxecto do documento. Un trata sobre os ríos Ulla, Lañas e Brandelos cando o proxecto vai sobre a drenaxe das fontes do Portapego, Angumil e Felisa. O segundo e terceiro anexo son estudos que tampouco gardan relación directa coa drenaxe das fontes mencionadas e refírense a cuestións biolóxicas ou técnicas doutras zonas da mina.

Para Aldea Viva “un proxecto debe ter un obxecto certo, completo e concreto. Non é un amoreamento de papeis inconexos  e sen a mínima relación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial