A Asociación Aldea Viva apela ao Principio de Precaución no caso da mina de Touro

0

Touro, 29 de xaneiro do 2018 – Tras as declaracións do Conselleiro de Industria nas que acusaba ao distintos colectivos de opoñerse a mina de Touro por “motivos ideolóxicos”, a Asociación Aldea Viva apela ao chamado Principio de precaución.

Verquidos nas proximidades de Fonte Díaz, en Touro

O Principio de Precaución menciónase no Artigo 191 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea e pretende garantir un elevado nivel de protección do medio ambiente mediante tomas de decisión preventivas en caso de risco. Esta norma de actuación segundo manifestou publicamente a Comisión, “tamén é pertinente en termos de xestión de risco”, e refírese a casos nos que “hai motivos razoables para crer que os efectos potencialmente perigosos sobre o medio ambiente e a saúde das persoas, os animais e as plantas non responden ao alto nivel de protección establecido pola UE”.

Aldea Viva considera que o proxecto de Cobre San Rafael pode agravar as consecuencias de anteriores tarefas mineiras en Touro. apela á responsabilidade do Executivo galego para non dar luz verde a un proxecto que pode provocar un desastre ambiental sen precedentes nunha zona gravemente afectada polas drenaxes ácidas procedentes da etapa de explotación metalífera desenvolvida desde 1973 a 1986.

Para Aldea Viva non se trata dunha motivación “ideolóxica” senón “ecolóxica”. A Asociación considera que pretender a autorización dun proxecto extractivo de grandes dimensións sen a restauración previa dos pasivos ambientais derivados de anteriores labores mineiros denota un descoñecemento evidente do mencionado Principio de Precaución.

Na mesma liña, a asociación rexeita taxativamente as manifestacións efectuadas pola mineira Cobre San Rafael, que fai referencia á sustentabilidade “dun proxecto mineiro do século XXI”, cando é a propia empresa a que advirte na documentación presentada a tramitación das graves consecuencias que poderían supoñer para a poboación e o medio ambiente a hipotética falla dos diques que conteñen os depósitos de estériles, dado que non se pode garantir un mantemento indefinido dos mesmos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial