Aldea Viva – Santa Bárbara cando trona: a cámara mineira

0

Aldea Viva – Artigo opinión – 4 decembro 2018 A Cámara Mineira fúndase en 1.925 sendo o seu primeiro presidente o asturiano Ramón del Cueto y Noval. Antes, o ilustrado e humanista coruñés Cornide xa estudara o mapa xeolóxico de Galicia.

Foron ademais presidentes da Cámara Minewira personaxes como Don Pedro Barrié de la Maza, un dos financiadores do golpe de estado de 1.936 convenientemente untado despois polo réxime franquista. Cando este se fai co Banco Pastor a comezos dos anos 40 adquire as minas de wolframio de San Finx en Lousame a través de Industrias Gallegas para trapichear co mineral importantísimo na II guerra Mundial para nazis e aliados.

Será presidida con posterioridade por don Isidro Parga Pondal catedrático da USC purgado e expulsado da Universidade por galeguista e amigo de Castelao.

A Cámara esmoreceu durante un longo período de tempo (hoxe só perviven a de Asturias, Cartagena) ata que é rescatada polo PP, que ve nela un instrumento favorecedor das súas políticas: Galicia é unha Mina. Neste contexto chega á dirección José Manuel Alvarez-Campaña Gayo membro da dirección do PP na Coruña e que ocupou diversos cargos nos gobernos de Fraga.

No ano 2006 coincidindo coa adquisición e os diversos avatares polos que pasaron os dereitos mineiros de San Finx chega a CMOG para defender e promover a aterraxe da filial mineira de Sacyr (Valoriza). Un seguimento das súas declaracións  e actuacións no eido da minería lévanos a topar con personaxes como Joaquín Eulalio Ruiz Mora, director facultativo de San Finx entre 2002 e 2015. Este tal Joaquin Eulalio aparecerá posteriormente xunto con outros enxeñeiros/empresarios nas empresas que posúen (ou din posuír) os dereitos mineiros en Touro (Explotaciones Gallegas del Cobre, S.L.) nunha atribulada historia que vai intercambiando de mans as concesións mineiras con transaccións de alto valor especulativo a través dunhas técnicas de “racionalización” de permisos mineiros. Trátase de que ninguén saiba qué pretenden ou con qué ameazan.

Dos cruzamentos de empresas sen actividade e con capital mínimo que intercambian a través de empresas pantalla cun numero esaxerado de administradores solidarios e mancomunados que se repiten en moitos casos, falaremos noutro momento.

Como dixo Josep Plá cando observou desde un rañaceos todas as luces acesas na noite de Nova York ” e todo isto…quen o paga?”

Polo que atinxe só á Consellería de Economía que ten as competencias en Minas e dunhas primeiras pescudas resulta que esta Consellería ten financiado a C.M.O.G. cun total de 436.689 euros con cargo a subvencións e axudas a familias e entidades sen fin de lucro a través dun convenio para gastos de funcionamento da CMOG coa seguinte distribución anual: anos 2010, 2011 e 2012 (50.000 euros cada ano); ano 2013  (42.501 euros); ano 2014 (40.376 euros); anos 2015-2016 e 2017 (37.953 euros cada ano) e ano 2018 (89.953 euros).

O sangrante deste asunto é que dos orzamentos públicos se financien os gastos de funcionamento (aluguer, limpeza, teléfonos , fotocopias, etc) dunha entidade patronal que conta entre os seus membros aos graniteiros de Porriño, os millonarios louseiros de Valdeorras e aos empresarios de áridos e augas minerais… .

Da relevancia que o PP lle concede a esta Cámara é mostra o cambio legal que no exercicio 2017 se produce na Lei de Acompañamento dos orzamentos, na que baleira de contido a Lei de Ordenación da Minería de Galicia, que é modificada substancialmente ao traspasarse os rexistros públicos de dereitos mineiros e o catastro mineiro de Galicia á C.M.O.G (lobby mineiro).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial