займ срочно

Aldea Viva – Xacobeo 2021 a ceo aberto

0

Aldea Viva – artigo opinión – 15 novembro 2018

Xacobeo 2021 a ceo aberto

Camiño de Santiago ou mina a ceo aberto? Esta é a pregunta que debería estar formulándose neste momento o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feixóo. O informe da organización encargada de propoñer os bens patrimonio da humanidade, ICOMOS, revela que o proxecto da mina de Touro danaría gravemente o camiño francés.

O estudo técnico desta asociación vinculada á UNESCO sinala que o proxecto sepultaría cunha enorme escombreira parte do trazado do camiño histórico Arzúa-Quión-Amenal, un ramal do camiño francés de grande relevancia como o demostran numerosos documentos históricos, entre eles a carta xeométrica de Domingo Fontán elaborada entre os anos 1817-1834.

ICOMOS advírtelle á Xunta de que no caso de que o proxecto vaia adiante estaría incumprindo o acordo firmado ca UNESCO, o que podería rematar co camiño francés sen o distintivo de patrimonio da humanidade. Ninguén entendería que a torre Eiffel ou os acantilados de Moher fosen despoiseídos de tal recoñecemento polo interese privado dunha empresa foránea. Pois nesa encrucillada está agora o goberno galego, por un lado o interese xeral e por outro a presión do lobby mineiro e dos intereses escuros da administración. Por un lado o respecto ó patrimonio cultural e por outro o terrorismo patrimonial que en tantas ocasión sale impune. A decisión final está nas mans de Feijóo, tócalle apostar polo Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021 ou por amarrar os seus plans de futuro gardados nunha Samsonite como a que supostamente lle regalaron no capítulo de Corcoesto. Que teñan bo camiño

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies