Alejandro Sánchez, profesor da USC, recolle o premio da Real Academia Nacional de Medicina

0

Compostela, 15 de xaneiro do 2019 – O profesor da USC Alejandro Sánchez Barreiro, recentemente recoñecido co premio de investigación da Real Academia Galega de Ciencias, viaxa este martes a Madrid para recoller o premio Conde de Cartagena de investigación libre 2018 que anualmente concede a Real Academia Nacional de Medicina de España.

Nesta ocasión o galardón concédeselle polo traballo ‘Un caso de éxito en el proceso de transferencia de tecnología dirigido al desarrollo de nuevas terapias’, que Alejandro Sánchez realicou conxuntamente co investigador Jesús Álvarez Trabado e que se refire ao caso concreto da empresa biotecnolóxica Agrenvec, a quen o grupo de investigación da USC lle transferiu en 2015 a licencia de patente dun nanosistema para encapsular sustancias e cedelas de forma prolongada ao longo do tempo. A empresa, con sede en Madrid, valorizará e madurará a tecnoloxía recollida na patente para desenvolver os produtos que estime.

Trátase de nanosistemas moi versátiles e de custe axeitado para o seu desenvolvemento industrial, xurdidos en orixe da investigación de Alejandro Sánchez e Begoña Seijo, falecida prematuramente e a quen o profesor da USC lle dedicará o premio, que foran probadas para diferentes aplicacións como nanovacinas e tratamento oftalmolóxico, e que deron lugar a sendas familias de patentes.

No ano da transferencia da licencia de patente a USC foi recoñecida como a Universidade pública española con maior número de solicitudes de patente de invención en nanotecnoloxía en campos tan variados como a nanomedicina ou o desenvolvemento de novos nanomateriais”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial