Alemao despídese do Santiago Futsal por segunda vez na súa carreira

0

Compostela, 28 de decembro do 2016 – Onte tivo lugar a rolda de prensa de despedida de Julio César Cordeiro Simonato ‘Alemao’ como xogador do Santiago Futsal.

Imaxe de Alemao na rolda de prensa de despedidaO hispano-brasileiro, que volveu ao club santiagués no mercado estival, cumpríu máis de 3 meses como xogador branco. Agora pon punto final á súa segunda etapa no club co que gañou a Copa e a Supercopa de España, e do que é e sempre será un dos xogadores máis aclamados e respectados da súa historia.

O histórico 10 santiagués expresou os motivos da súa marcha “Había unha posibilidade de que puidera marchar, que era que chegase esta oferta de Italia; que xa me ofreceron en xuño, pero daquelas eu tomei a decisión de vir a Santiago. Tal e como se me presentan as cousas: débenme practicamente a temporada enteira do meu paso por Rusia; non cumprín deportivamente co que se agardaba do min no Santiago Futsal; e que eu tiña o desexo de xogar en Italia antes de retirarme, todo iso rematou en que eu tome esta decisión”.

‘Alemao’ amosouse moi agradecido en todo momento ao club santiagués, por brindarlle a oportunidade de volver ao equipo co que tantos éxitos cultivou na súa anterior etapa e que o elevou todo o máis alto do fútbol sala internacional “Estou moi agradecido ao club por permitirme volver, e por todo o que me deu; tanto o club como a afección, que sempre me mostrou o seu apoio. Foi unha decisión moi difícil para min”.

O recoñecido astro do fútbol sala concluíu a súa intervención facendo referencia a que esta será a súa despedida definitiva como xogador do Santiago Futsal “É moi difícil que volva ser xogador do Santiago Futsal. Teño 40 anos e, aínda que espero seguir xogando polo menos uno máis, a miña retirada deste deporte está preto. Este pode ser o meu adeus a este club e só teño palabras de agradecemento para todos os que forman parte del”.

Pola súa banda, Miguel Fernández, director xeral do Santiago Futsal tamén manifestou o agradecemento en nome de todo o club a Alemao “un xogador moi cotizado e que tivemos a sorte de gozar algo máis de 3 meses.  Sabiamos que isto podía pasar e presentóuselle unha oferta superior á nosa e irrechazable.  Só podemos agradecerlle o contar con el estes meses. Alemao seguirá sendo embaixador do Santiago Futsal, da nosa filosofía de traballo, do noso club e da nosa cidade. Desexámoslle a mellores das sortes tanto a nivel persoal como profesional”.

‘Alemao’ iniciará unha nova etapa deportiva en Italia. O Santiago Futsal agradece a ‘Alemao’ a profesionalidade e compromiso demostrado nos máis de 3 meses que estivo en Santiago na súa segunda etapa no club e desexámoslle a maior das sortes na súa nova aventura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial