Alertan que a rotura dunha balsa na mina de Touro provocaría un desastre tres veces maior ao de Brasil

0

Touro, 29 de xaneiro do 2019 – A asociación Aldea Viva alerta de nova sobre o perigo da mina de Touro, despois do acontecido en Brasil o colectivo advirte que a rotura dunha balsa provocaría un desastre tres veces maior.

Aldea Viva explica que a balsa planificada na aldea de Arinteiro, a 50 metros das vivendas, tería unha capacidade máxima duns 50 millóns de metros cúbicos de lodos. Estas cifras están no proxecto presentado por Cobre San Rafael, que ademais cualifica o risco de rotura como moi alto seguindo as directrices da asociación de presas de Canadá . Nese mesmo documento cífrase o posible número de perdas humanas entre 10 e 100.

A asociación Aldea Viva xa alertara no seu momento da enorme perigosidade que suporía construír unha balsa de tales dimensións, con máis de 3 km de lonxitude e 50 m de alto, ó lado de núcleos de poboación.

O desastre como o de Brasil acabaría aquí coa Ría de Arousa.

Os datos ofrecidos por axencias internacionais como Reuters falan dun total de 13 millóns de metros cúbicos vertidos tras a rotura das balsas mineiras da empresa Vale no Brasil, unha cifra moi inferior á capacidade total da balsa de Arinteiro.

No ano 2015 no mesmo estado de Mina Gerais rompeu outra balsa mineira, tamén propiedade de Vale. Os lodos percorreron 700 km até chegar o mar, un caso que se podería dar facilmente  en Touro tendo en conta que a distancia á ría de Arousa  è moito menor e que os numerosos cursos fluviais que nacen na mina desembocan no río Ulla.

Aldea Viva establece máis paralelismos “a multinacional mineira responsable da catástrofe en Brasil alardea na súa páxina web da súa responsabilidade social corporativa, facendo especial fincapé na sostibilidade e no coidado do medio ambiente. Ao igual que a mineira de Touro, presume de xeito frecuente de facer minería moderna do século XXI”.

Para Aldea Viva este é un exemplo do mal facer destas empresas, que “esconden con publicidade enganosa as súas prácticas de abaratamentos de custos e maximización de beneficios en detrimento da seguridade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial