Alertan sobre o risco de precariedade no licitación da axuda ao fogar de Brión

0

Brión, 7 de maio do 2019 – A CIG-Servizos denuncia que a dotación do concurso do servizo de axuda no fogar de Brión pon en risco as condicións laborais do persoal polo axustado da contía máxima de licitación por hora de prestación.

No servizo de Axuda no Fogar de Brión traballan 16 traballadoras e traballadores que prestan atención a persoas dependentes. Trátase ademais dun servizo financiado nunha parte pola Xunta de Galiza, noutra pola Deputación da Coruña e sufragado ademais, nunha porcentaxe, polas usuarias e usuarios. A CIG-Servizos pregúntase, xa que logo, se realmente o concello de Brión vai incrementar o gasto social, cara onde o dirixirá se non é a un servizo como este.

Hai dous meses aproximadamente a central sindical e a delegada de persoal solicitaron unha xuntanza co concello para tratar esta cuestión antes de que se fixera público o concurso. Aitor Sebio, da CIG-Servizos denuncia que “non só, non obtivemos resposta, senón que se publicou sen ter en conta a opinión do persoal que presta o servizo”. Diante desta situación Sebio exixe unha revisión dos prezos “máis aínda cando o concello vén de anunciar propagandisticamente un incremento do gasto social”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial