займ срочно

Os alevíns do clube de Os Tilos campións galegos de beisbol

0

O equipo alevín do Club de Béisbol Os Tilos – Teo proclamouse campión de Galicia este sábado ao superar aos dous equipos presentados por Trasnos de Vigo, Black e Gray, na xornada de volta celebrada no campo provisional da Cañoteira, en Cacheiras.

beisbol-os-tilos-alevin-campeon-galicia-normal-1-29-novembro-2016_rTeo, 29 de novembro do 2016 – Os máis pequenos da casa venceron aos Trasnos Gray por 8 carreiras a 0 e aos Trasnos Black por un marcador máis apertado de 11-9. Os alevíns teenses presentaron un equipo sólido e competitivo, a pesar das numerosas incorporacións de novos xogadores. Na xornada de ida, os pupilos de Max Contreras impuxéronse en Vigo por 12-8 e 13-1, respectivamente.

Ese mesmo día o equipo infantil (+12 anos) non puido repetir a xesta dos seus compañeiros sufrindo una unha dura derrota ante os de Vigo.

A xornada contou tamén con animación musical e “speaker” (narrador), ademais da tradicional cantina, e tivo unha gran asistencia de pais e afeccionados de ambos os clubs.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies