Alfredo García Quinteto e Suelen Estar & The Soul Machín no Feito a Man

0

Compostela, 20 de agosto de 2018 – Nova xornada no Feito a Man  con algo de jazz e bastante de soul que irá da Virxe da Cerca ata San Paio de Antealtares.

Alfredo Garcia Quinteto

A primeira cita será as oito no xardín do Pub Momo, na Virxe da Cerca. Alfredo García Quinteto  presentarannos no Feito a Man o seu novo traballo ‘Blue Line’. O presente proxecto foi unha evolución da anterior formación, Alfredo García Quartet, que cultivou éxitos nos festivais de jazz galegos e galardóns como o  Primeiro Premio no Concurso de Maquetas Jazz Fusión organizado por FNAC. No devandito concurso atopábase como xurado Paquito de Rivera e Juan Claudio Cifuentes. Tras a maqueta o proxecto converteuse no álbum ‘Riding into a new path’.

Na actualidade Alfredo García está inmerso na presentación do seu segundo álbum como líder: ‘Blue line’. Este proxecto do mesmo xeito que o primeiro está fundamentado en temas orixinais, fóra dun par de versións con innovadores arranxos en sintonía coa estética musical da formación. A música do grupo, enraizada no jazz, aproveita o mellor doutros estilos (funk, rock e world music).

 San Paio de Antealtares será o escenario do festival a partir das dez. Suelen Estar & the Soul Machín lanzan sobre as cordas músicas que non adoitan estar alí para, nesa estrañeza, conferir nova vida a cancións de diversas procedencias e estilos. Contrabaixo, violonchelo, dous violíns, batería e voz, xuntos para xogar e viaxar entre linguaxes musicais e descubrir a que sona James Brown nun inédito formato sonoro que o achega a Antonio Machín.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial