Alianza de filloas en A Baña

0

A Baña, 16 de febreiro do 2019 – A presentación da XVI Festa da Filloa a Pedra serviu para reunir as responsables das festas das filloas de A Baña, Lestedo, Muimenta e Zas.

Cadradas ou redondas, grandes como unha paella ou pequenas como un prato, cada unha co seu particular sabor e xeito de facer foi o que puido degustarse no Pazo de Cores en A Baña. Pero a filloa non foi a única protagonista xa que o encontro serviu tamén para mostrar algúns dos pratos dos obradoiros de cociña do concello; raxo o leite, cordeiro, tripa con pasas, empanadas e tortilla con rixos foron algúns dos manxares que se puideron probar.

Na organización do evento tamén colaborou o GDR Terras de Compostela a través da submedida 19.4 de promoción territorial.

XVI Festa da Filloa da Pedra da Baña

A XVI Festa da Filloa da Pedra da Baña, celebrarase os próximos 23 e 24 de febreiro, ampliando a dous días o programa de actos, que se desenvolverán no polideportivo municipal de San Vicenzo.

Por primeira vez dende a súa creación, a Festa da Filloa da Pedra da Baña incluirá una Foliada Filloeira o sábado pola tarde. A partir das 16.30 horas actuarán As Xoubas e os Viracunchos do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia, de Santiago;  a agrupación  Tíralle do Aire e integrantes da  Escola de Gaita da Baña.

O domingo 24 será o día grande da XVI Festa da Filloa da Pedra no polideportivo de San Vicenzo, que abrirá ao público a partir das 10.00 horas. Durante todo o día os asistentes poderán degustar as excelentes filloas da pedra que elaborarán as voluntarias e voluntarios da Asociación Filloas da Pedra e que se servirán soas, con chourizo, nata ou mel, coma todos os anos. A novidade desta edición é que as filloas serviranse tamén acompañadas da súa parella perfecta: o cocido.

Os Campantes da Baña e a agrupación Sarillo de Aiazo serán os encargados de poñer a música pola mañá, con actuación ás 12.30 e 14.30 horas, respectivamente. Os máis pequenos terán un espectáculo dedicado para eles as 16.30 horas cos Animacreques, e a partir das seis da tarde a Orquestra Charlestong Big Band animarán a verbena.

O Estudo obradoiro de cerámica Alén das Olas impartirá talleres de cerámica durante todo o día, e para repoñer forzas os asistentes, ademais de degustar as ricas filloas da pedra da Baña, os asistentes poderán achegarse ata os postos de polbo e churrasco que se instalan nas inmediacións do polideportivo municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial