A educación de altas capacidades nas II Xornadas Educativas de Noia

0

Noia, 6 de abril do 2018 – A Casa da Cultura de Noia acollerá esta tarde, ás 20:00 horas, a primeira das catro ponencias incluídas nas III Xornadas Educativas, organizadas polas ANPAs do Colexio María Assumpta, Colexio Plurilingüe Jaime Balmés e Antón Avilés de Taramancos (CEIP Felipe de Castro) de Noia; así como pola ANPA Alecrín do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro de Lousame. A asistencia é totalmente de balde e non é necesario ningún tipo de inscrición.

A charla de hoxe nas Xornadas Educativas leva por título “Bordeando o iceberg” e será impartida pola doutora Carmen Pomar Tojo, directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela. Unha ponencia que permitirá coñecer un pouco mellor a natureza dos nenos e nenas con alta capacidade intelectual, sen caer nos estereotipos nin en mercantilismos.

Carmen Pomar Tojo é tamén profesora no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación nos Graos de Maxisterio e no Máster de Psicoloxía Evolutiva na USC; relatora en congresos nacionais e internacionais; autora de artigos no eido das altas capacidades; directora técnica na investigación do proxecto PITEAS: programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento; e directora técnica do programa de enriquecemento Proxecto QVO: Queremos Vivir Oportunidades, entre outras.

As III Xornadas Educativas están organizadas polas ANPAs do Colexio María Assumpta, Colexio Plurilingüe Jaime Balmés e Antón Avilés de Taramancos (CEIP Felipe de Castro) de Noia; e pola ANPA Alecrín do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro de Lousame. Contan coa colaboración do Concello de Noia, o Liceo de Noia, a Asociación de Altas Capacidades de Galicia e o Plan director da Garda Civil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies