Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto no Paraninfo

0

Compostela, 3 de xuño do 2019 – A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ofrece un novo concerto no Paraninfo da Universidade dentro do ciclo A Escola na Cidade.

A Escola de Altos Estudos preparou para as vindeiras xornadas distintas actuacións que servirán como colofón ao ano de traballo dos alumnos do  Curso Avanzado de Especialización Orquestral. As entradas destes concertos son gratuítas ata completar aforo e cita de hoxe comeza as oito e media da tarde.

Hoxe abrirá o concerto o percusionista Gonzalo Zandundo, que interpretará as obras de Bach Variación Goldberg nº 21 (un conxunto de pezas que o compositor escribiu por petición do conde Keyserlingk para que lle axudasen a conciliar o sono, e que lle tocaba cada noite o virtuoso clavecinista Goldberg) e un fragmento da súa Suite para laúde, seguidas de Asventuras do compositor alemán Alexej Gerassimez e Attraction do francés Emmanuel Séjourné.

De seguido o público terá a oportunidade de gozar co oboísta Martín Alves, que tocará o Concerto para óboe RV 447 de Antonio Vivaldi e Omaggio a Bellini de Antonio Pasculli, unha homenaxe ao destacado compositor do bel canto italiano. Acompañarao a pianista Eriko Ishimoto.

Pola súa parte, a pianista Haruna Takebe acompañará ao derradeiro solista da noite. Trátase do trompetista Rodrigo Iglesias, que tocará parte do Concerto para trompeta de Stölzel e o Concerto para trompeta de Haydn, co que se porá o broche final a este primeiro concerto.

Esta iniciativa de “A Escola na Cidade” continuará os días 10, 11 e 12 de xuño con novos concertos dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais, tamén no Paraninfo da Universidade de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial