займ срочно

Alumnos de Ames e Compostela recuperan a finca de Pedra Castro no obradoiro de emprego CREAS

0

Bisbarra, 16 de xaneiro do 2019 – O alumnado do obradoiro de emprego dual CREAS, impulsado polo Concello de Santiago en colaboración co de Ames, traballa na repoboación forestal da finca de Pedra Castro, en Santa Cristina de Fecha.

As persoas que participan na formación recibiron a visita da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; do edil de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, e da concelleira de Promoción Económica de Ames, Isabel González.

CREAS é un programa no que colaboran Santiago e Ames. O obradoiro de emprego conta cun orzamento de case 360.000 euros, dos que preto de 290.000 proceden dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A achega do Concello de Santiago é de 60.000 euros, mentres que o Concello de Ames financia algo menos de 10.000 euros.

O obradoiro ten unha duración de nove meses, ata agosto, e conta coa participación dunha vintena de alumnos e alumnas que reciben formación en dúas especialidades: repoboación forestal e tratamentos silvícolas e pavimento e albanelería de urbanización.

Traballos prácticos

As persoas participantes, desempregadas maiores de 18 anos, porán en práctica os coñecementos que adquiran en tres proxectos distintos: a repoboación forestal da finca de Pedra Castro, os traballos de urbanización e mellora medioambiental no Polígono do Tambre e a apertura e mantemento de vías forestais no concello de Ames.

Na finca Pedra Castro, na parroquia de Santa Cristina de Fecha, estanse a mellorar as condicións actuais do monte, mediante a reforestación dunha superficie de un pouco máis de 11 hectáreas. Para iso empréganse frondosas autóctonas galegas, como carballos, sobreiras ou bidueiros. Ademais, o alumnado do obradoiro de emprego está a realizar traballos de limpeza, roza e poda de árbores existentes.

A concelleira Marta Lois salientou que “o obradoiro é moi importante pola formación das persoas participantes, pero tamén porque permite a recuperación de espazos singulares do municipio descoñecidos por boa parte da poboación”. Na mesma liña, o edil Rafael Peña mostrou o seu desexo de que “actuacións como esta sirvan de exemplo para que os particulares acometan tamén a reforestación das súas fincas utilizando árbores autóctonas, no canto de eucaliptos”.

No Polígono do Tambre traballarase nun proxecto de urbanización e mellora medioambiental que inclúe traballos de axardinamento, repavimentación de beirarrúas e mesmo a creación dun viveiro forestal. Por último, o obradoiro de emprego inclúe unha parte práctica para a apertura e mantemento de vías forestais no concello de Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies