Alumnos de Silleda converten os versos de Rosalía de Castro en doces

0

Silleda, 22 de febreiro do 2017 – Alumnas de Sexto de Primaria do Colexio Plurilingüe María Inmaculada coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística converten poemas de Rosalía de Castro en Caramelos.

A iniciativa nace co motivo do Día de Rosalía de Castro e os “doces poemas” estarán a disposición do público nas dependencias do concello.

O alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Cultura Ana Luisa González eloxiaron esta fermosa iniciativa que vén a completar as actividades celebradas estes días en Silleda con motivo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial