Compostela, 14 de xullo do 2018 – O próximo 17 de xullo celébrase unha nova edición do evento De Tapas por Galicia, unha final na que se atopan os gañadores dos concursos de petiscos das sete principais cidades galegas.

Miguel González Quintela, do Restaurante Gastrobar Sanmiguel de Ourense gañou a edición 2017 cunha Vieira de Outono

Miguel González Quintela, do Restaurante Gastrobar Sanmiguel de Ourense gañou a edición 2017 cunha Vieira de Outono

De Tapas por Galicia busca promover a creatividade gastronómica, especialmente a presentada en pequeno formato, como elemento dinamizador do turismo urbano. A do 2018 é a cuarta edición e, como nas anteriores, consistirá nun Show Cooking no que entregaranse dous premios, o dun xurado experto e o do publico asistente.

Álvaro Pérez será o representante de Compostela en De Tapas por Galicia

Alejandro Martínez, do Café Vanessa (Ferrol); Sergio Musso e Francisco Chicón, do restaurante Eclectic (Coruña); Rubén González Vallejo e Sergio Orge, de El Cafetín (Pontevedra); Rafael Pérez Iglesias, do gastrobar-restaurante La Carpintería (Vigo); Bianca Coura e Pablo Domínguez Veloso, do restaurante A Adega das Caldas (Ourense); e Alejandro Méndez Lázare, da Arrocería Os Cachivaches (Lugo) serán os participantes xunto co gañador do Santiago(e)Tapas, Álvaro Pérez Blanco do Gastro Bar Artesana co que Lindeiros.gal falou hai uns días.

Álvaro non se define como chef, de feito a primeira pregunta incomódalle por que quere afastarse de esa idea dun cociñeiro vocacional, de feito estudou para camareiro, e explica que chegou aos fogóns como un xeito de satisfacer aos clientes do seu negocio

Non pensa moito o traballo previo, cre que o que un fai xurde da mestura das lembranzas e o coñecemento; cando prepara unha tapa para un evento é habitual que comece con varias distintas e vaia eliminando e afinando a idea

Para Álvaro unha tapa é algo que se come rápido, algo sustancioso que permite disfrutar do momento cos amigos. É, en certo modo, o que tamén o que o levou a abrir o Gastro Bar Artesana

No concurso de Santiago gañou cun Taco de Outono, unha proposta que concentra os sabores do magosto recuperando os produtos e costumes tradicionais de Galicia, será coa que participe na proba autonómica. Unha combinación que nace da época na que se celebra o concurso compostelán

No seu local, Gastro Bar Artesana na avenida de Ferrol de Compostela, un pode atopar un lugar no que reunirse cos amigos e tomar unhas racións ou un bo menú aínda que sempre hai espazo para algunha sorpresa

Álvaro Pérez transmite unha tranquilidade que non se corresponde coa paixón do que conta e de como o conta. Recoñece sentirse un pouco abraiado pola participación en De Tapas por Galicia e ao mesmo tempo está orgulloso de participar representando a Compostela e espera facer un bo papel. O próximo martes 17 o contaremos a partir das sete da tarde na nosa conta de Instagram pero, en calquera caso, non deixedes de pasar polo seu local porque paga a pena.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial