займ срочно

AMAL supera as expectativas con varios miles de espectadores

0

Ghaleb Jaber Martínez, director de AMAL di que “Queremos facer da Semana de Cinema Euroárabe Amal un proxecto itinerante polos principais núcleos urbanos galegos para chegar ao maior público posible”

Amal superou as expectativas de públicoSantiago, 1 de novembro do 2016 – A recadación do despacho de billetes doarase aos nenos refuxiados do campamento no que se atopaba a nena siria Zahra Mahmoud, protagonista da imaxe do cartel de AMAL 2016

A Semana de Cinema Euroárabe AMAL finalizou con éxito a edición deste ano, celebrada no Auditorio de ABANCA de Santiago de Compostela. Con varios miles de participantes, a organización destaca o aumento significativo de público na sala en cada unha das once proxeccións, a pesar do cambio de sede, e especialmente con máis presenza de público novo, maioritariamente mulleres e estudantes estranxeiros.

“Estamos moi contentos e satisfeitos pola aceptación que todas as películas tiveron entre o público que asistiu á semana de cinema euroárabae. Temos que comezar a traballar xa para organizar a próxima edición de 2017, coa procura das mellores películas árabes do momento, premiadas en diversos festivais” sinala o director de AMAL, Ghaleb Jaber Martínez .

No máis inmediato, Jaber Martínez explica que continuarán levando o cinema de AMAL por toda Galicia co ciclo “AMAL en ruta”, que este ano visitou Pontevedra e Lugo. “Queremos facer da Semana de Cinema Euroárabe Amal un proxecto itinerante polos principais núcleos urbanos galegos para chegar ao maior público posible” apunta.

Ademais, a organización puxo en marcha a doazón do despacho de billetes de AMAL 2016. Nesta edición, a recadación doarase aos nenos refuxiados do campamento improvisado da fronteira con Siria, nos arredores de Mafrad (Xordania), onde se atopaba a nena Zahra Mahmoud, imaxe do cartel desta edición de AMAL do fotoperiodista e premio Pulitzer de fotografía Muhammed Muheisen. A pequena Zahra, de cinco anos de idade, representa aos nenos sirios refuxiados, xa que na actualidade aproximadamente a metade dos 4,8 millóns de sirios que han huído da súa terra natal son nenos e nenas que viven en condicións infrahumanas, e algúns dos máis vulnerables viven en ducias de campamentos improvisados, incluíndo en Xordania, que acolle a aproximadamente 640.000 refuxiados.

Xa na décimo quinta edición, Ghaleb Jaber Martínez espera poder limar asperezas co Concello de Santiago e traballar conxuntamente o próximo ano para fomentar o intercambio cultural a través da gran pantalla en Compostela. E, en todo caso, o director desexa poder contar coa asistencia de representantes do Goberno municipal nalgunha das películas, algo que non sucedeu en ningunha das proxeccións deste ano.

A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas creouse en Santiago de Compostela en 1984 para provocar un achegamento cultural entre o mundo árabe, Hispanoamérica e Galicia a través do patrocinio artístico, a edición literaria, a organización de exposicións, de concertos, de coloquios e doutras actividades culturais de diversa índole. En concreto, o festival de cinema Amal, que significa esperanza en árabe, naceu en 2002 co obxecto de traer a Galicia o mellor cinema árabe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies