займ срочно

Amancio Prada actuará por primeira vez na catedral de Santiago

0

Compostela, 20 de outubro do 2017 – Amancio Prada ofrecerá un concerto na catedral de Santiago con motivo do trixésimo aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

Amancio Prada Estará acompañado por oitenta voces da Escolanía da seo compostelá e os Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), ambos os dous coros dirixidos por José Luís Vázquez, ademais do violinista Juan Luis Gallego e o chelista Rafael Domínguez. A catedral abrirá as portas das Praterías para o público o luns 23 ás 20:30 horas aproximadamente e o concerto será ás 21 horas.

“Tiven o gusto de cantar en moitas catedrais de España, pero a de Santiago é única, porque forma parte da miña vida. Cantas veces entrei nela para quedar alí, absorto, mirando, pensando, e cantas veces recei e cantei alí en silencio. Este concerto é a realización dun soño moito tempo soñado, sumándome ao coro de músicos anónimos do Pórtico da Gloria, con perdón”, segundo subliña o veterán artista que profesa adoración pola poeta do Sar.

O recital comezará con algúns poemas de Rosalía de Castro e Federico García Lorca, e con motivo da efeméride do Camiño de Santiago abrirá a súa actuación con Romance de don Gayferos, “peregrino de peregrinos –indica Amancio”, peza na que se acompañará da zanfona, seguindo a versión de Faustino Santalices.

O Cántico espiritual de san Juan de la Cruz completará o espectáculo de Amancio Prada: “Cantei esta obra en formatos moi diversos, trío, cuarteto, sinfónico, coral… Pero cando o canto cunha escolanía, que nesta ocasión serán dúas, sinto unha emoción especial, tal vez porque eu tamén fun neno de coro cando estudiaba cos Salesianos en Cambados. É a obra que máis alegrías me deu e, agora, na catedral de Compostela e con oitenta nenos cantores, o meu gozo e gratitude serán máximos”.

400 CONVITES PARA O PÚBLICO

Os convites para o público xeral poden retirarse desde onte xoves na oficina de turismo do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, situado na rúa Carretas, 33; a razón de dúas entradas gratuítas por persoa con DNI.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies