Teo, 8 de setembro do 2017 – A romaría do Monte Carmelo celébrase hoxe e mañá na aldea de Ameneiro, na parroquia de Calo en Teo.

Ameneiro é unha pequena aldea as costas da N-550 que pertence a parroquia de Calo, unha das máis grandes de Teo. Hoxe e mañá sábado este lugar celebra unha das romarías máis tradicionais da bisbarra, a do monte Carmelo.

Florencio Buján, un dos responsables da comisión de festas cóntanos como naceu esta celebración

A capela do Carmelo dou durante moitos anos cartos aos propietarios que a coidaban e organizaban a festa con eses donativos ata que un bo día toparon coa igrexa

A organización da festa depende da capacidade económica que é o mesmo que dicir da xenerosidade do veciños

A maiores está a burocracia, a gran cantidade de documentación e de requisitos que a administración pon as comisións de festas, unhas condicións que chegan ata facer responsable aos organizadores de problemas das orquestras como demostra o feito de que teñan que entregar no concello a ITV dos camións

Son as miles de festas como as do Carmelo de Ameneiro as que cada ano manteñen unidas as aldeas, xa sexa aportando cartos, preparando o entorno ou simplemente acudindo estas celebracións forman parte do patrimonio galego. Vendo as dificultades que cada ano enfrontan os veciños para sacalas adiante ata o máis ateo comeza a crer en milagres.

Esta noite, desde as 11, a orquestra Televisión e o discomóbil Troula amenizaran a velada ata as 00.30 na que se votarán os Fogos do Carmelo.

Mañá sábado será o día grande que comezará a partir das 8 da mañá con dianas e alboradas. As doce e media misa solemne coa Coral Polífónica da Sociedade recreativa de Calo e a continuación sesión vermú coa orquestra Xacobeo. Xa pola noite o Carmelo pechará a edición 2017  coas orquestras Xacobeo e Gran Parada.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies