займ срочно

A avenida da Maía xa é de Ames

0

Ames, 8 de maio do 2020 – O pasado 30 de abril facíase oficial o cambio de titularidade da avenida da Maía que pasa a depender do concello de Ames.

A avenida da Maía formaba parte da estrada AC-543, entre o punto quilométrico 6+250 e o 8+390. Desde o 1 de maio ese tramo pasa a ser competencia municipal.

Previamente, o Concello de Ames e maila Axencia Galega de Infraestruturas asinaron un convenio de colaboración para mellorar o firme da avenida da Maía e para transferir esta vía urbana ao Concello de Ames.

A avenida da Maía xa é de Ames

Imaxe da avenida da Maía en Google Earth

No acordo recóllese que a Xunta de Galicia financiará con 140.101,75 euros a mellora do firme do tramo da estrada AC-543, no treito entre a glorieta da autovía AG-56, no punto quilométrico 6+250, e o límite municipal con Brión, no punto quilométrico 8+390. Este convenio está ligado ao orzamento da Xunta de 2020. Este convenio foi previamente aprobado por unanimidade pola Corporación municipal no pleno ordinario de decembro de 2019.

 Dito proxecto está dividido en dúas partes: a primeira abarca a mellora do firme dende a glorieta da autovía AG-56 ata o centro de Bertamiráns (73.000 euros) e o segundo dende o centro de Bertamiráns ata o límite municipal con Brión (68.000 euros).

 Acondicionamento da avenida da Maía

Esta vía precisa dunha mellora no firme da estrada que consiste na reparación de blandóns e roturas, tratamento superficial e o repintado das marcas viarias aproximadamente nuns 2.140 metros de lonxitude. Desde o Goberno quérese comezar coa humanización desta arteria principal comezando con medidas de seguridade como son a instalación de novos pasos de peóns, o pintado da estrada de redución da velocidade e a implantación de sinais luminosas nos devanditos pasos peonís. Ademais habilitaranse novas direccións de xiro e de circulación tratando de desatascar o centro do núcleo urbano.

 O alcalde de Ames, José Miñones, sinala que “estamos satisfeitos por conseguir a transferencia da avenida da Maía, xa que comezamos coas xestións para elo en 2017. Mereceu a pena a espera porque agora o Concello poderá mellorar a seguridade e o tránsito peonil desta arteria de Bertamiráns. O noso obxectivo é ir humanizando o núcleo urbano e incrementar a seguridade peonil”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies