займ срочно

Ames a nova Área de Autocaravanas do Milladoiro

0

Ames, 23 de febreiro do 2019 – O Concello de Ames inaugura hoxe sábado a nova área de autocaravanas do Milladoiro coa presenza de máis de 100 membros da Asociación Galega de Autocaravanas  – A.G.A. Ao acto asistirán tamén o alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Isabel González.

A nova zona está situada na Rúa Buxo, fronte á escola infantil. Este novo espazo ofrece maior capacidade que a antiga área de autocaravanas, situada no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, así como unha zona de estacionamento reservada e tomas de auga e espazos habilitados para o baleirado de augas fecais.

A nova área atopábase na noite do venres chea

Con motivo deste acto a AGA, en colaboración co Concello, organizará ao longo da fin de semana varias actividades, como unha comida de convivencia o sábado ou unha etapa do Camiño de Santiago o domingo ás 9.30h, cun percorrido de 6,2 quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas. Ao finalizar, un autobús levará aos participantes de regreso á área de autocaravanas do Milladoiro. Xa pola tarde, inaugurarase unha área privada na estación de servizos Galp en Bertamiráns. Pode obterse máis información na páxina web http://www.aga.gal.

Ames, primeiro concello galego con dúas áreas de autocaravanas

Ames foi o segundo concello galego, despois de Tui, en crear as súas áreas de autocaravanas, e o primeiro en toda Galicia en dispor de dous espazos destinados a estes vehículos. Ditas áreas foron creadas no ano 2004. A do Milladoiro á que se traslada agora para dotala de máis espazo e mellores servizos. Por outra banda continuase buscando unha nova ubicación para ampliar tamén a de Bertamiráns situada polo momento no aparcamento da rúa Pesqueiras, que está en fronte ao supermercado Carrefour.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies