займ срочно

Ames aboará máis de 100.000 euros por sentenzas xudiciais

0

Ames, 18 de xaneiro do 2017 – Durante 2016 e os primeiros días de 2017 recaeron as sentenzas xudiciais correspondentes ás demandas interpostas en 2012, 2013 e 2015 por catro traballadores contra o Concello de Ames.

Nelas reclamaban, entre outras cuestións, o recoñecemento da categoría superior do posto de traballo que desenvolvían e o pagamento das diferenzas salariais por diversas situacións laborais acontecidas dende 2007. En todos os casos os xulgados déronlles a razón aos traballadores.

A unha das demandantes recoñecéuselle unha categoría profesional de técnico, grupo 1, no departamento de Benestar e o pagamento das retribucións atrasadas. Viña prestando servizos como asesora xurídica para o Concello de Ames nas Concellarías de Servizos Sociais e Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude. Inicialmente, foi a través dun contrato de traballo laboral por conta allea na súa modalidade de contrato de inserción a tempo completo cunha duración dun ano, que finalizou en decembro de 2003. Posteriormente, dende febreiro de 2004 en diante a prestación de servizos desta traballadora realizouse de xeito ininterrompido a través de varios contratos. O último dos contratos subscritos pola traballadora finalizou en febreiro de 2007, pero o Concello prorrogou os seus efectos de xeito indefinido.

A traballadora reclamou unha relación laboral por conta allea con antigüidade dende febreiro de 2004, a tempo completo e con carácter indefinido non fixo. Tamén reclamou que lle corresponde dispor dunha categoría profesional de técnico de grupo 1, nivel 24, e coas condicións de traballo que se recollen no catálogo municipal de postos de traballo (asesoría xurídica do departamento de Benestar), así como as retribucións propias do posto que desempeña. Ademais reclamou as diferenzas salariais como consecuencia da retribución aboada inferior á recoñecida no convenio colectivo.

O Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela deulle a razón á traballadora, polo que o Concello tivo que aboar as diferenzas salariais reclamadas, 23.000 euros. Ademais, na actualización da RPT recóllese o mantemento no Departamento de Benestar do posto de asesoría xurídica, para garantir a efectividade da sentenza. Desta xeito pasará de prestar os servizos baixo un contrato administrativo de asistencia técnica, a prestalos baixo réxime laboral (como traballadora laboral indefinida), aínda que a media xornada.

Por outra banda, dous traballadores das Bibliotecas municipais presentaron cadansúa demanda en 2012 e 2015, nas que reclamaban a súa reposición como coordinador xeral da Biblioteca municipal, un posto de técnico do grupo 1 que se recolle na Relación de Postos de Traballo do ano 2007, así como o recoñecemento das funcións que exerceron como coordinadores deste servizo municipal e o pagamento das diferenzas salariais correspondentes dende o ano 2011 ata xuño de 2015. Coa chegada do novo goberno municipal paralizouse esta situación irregular e iniciouse un proceso de negociación laboral cos dous traballadores.

As sentenzas de ambos os procesos obrigaban á Administración a repoñer os traballadores como coordinador, así como regularizar as súas nóminas e aboarlles as diferenzas retributivas derivadas da diferenza de categoría, arredor de 60.000 euros cada un.

Acordo extraxudicial cos traballadores

Segundo o goberno municipal, “froito do diálogo con estes traballadores chegouse a un acordo extraxudicial e solucionouse un problema que se arrastraba dende hai máis de catro anos”.

A sentenza era moi gravosa para o Concello e coas negociacións mantidas con este persoal municipal redúcese á metade a contía que había que pagarlles, de xeito que o Concello lles aboará unha contía total de 66.251 euros, máis os custos derivados da Seguridade Social, en concepto de diferenzas salariais.

Tamén se negociou con eles o recoñecemento do posto de coordinador das bibliotecas para estas dúas persoas. “Non tiña sentido que houbese dous coordinadores dentro dun mesmo servizo, o que ademais, provoca un gran gasto salarial”. Isto solucionouse coa aprobación no pleno celebrado o pasado 29 de decembro de 2016 da actualización da Relación de Postos de Traballo.

“Estas sentenzas xudiciais son consecuencia da mala xestión pasada. Agora, a través da vía do diálogo entre traballadores e mailo goberno, chegouse a acordos satisfactorios para ambas as partes”, destaca o executivo amesán.

Finalmente, neste mesmo mes de xaneiro tamén se recibiu unha sentenza favorable en parte a outra traballadora do Concello adscrita ao departamento de Contratación-Secretaría. A estimación parcial do recurso comporta que non se impoñan costas nin que se abonen as diferenzas salariais dutante os días que estivo de baixa dita traballadora. Así, o Concello deberá aboarlle as diferencias nos complementos entre o seu posto de auxiliar administrativo e un posto base do grupo B, ao recoñecerlle a realización de funcións de categoría superior dende o 1 de xullo de 2011 ao 1 de xullo de 2015.

Neste ano 2017 seguen abertas e pendentes de resolución varias causas xudiciais por outras situacións irregulares anteriores á chegada do goberno en 2015, que afectan aos departamentos de Informática, Educación e Urbanismo, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies