займ срочно

Ames abre as axudas a entidades de iniciativa social para o presente ano

0

Ames, 24 de novembro do 2018 –  O Boletín Oficial da Provincia ven de publicar as bases das axudas do concello de Ames para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social levadas a cabo por entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.

Esta convocatoria de axudas foron aprobadas en Xunta de Goberno Local o pasado 15 de novembro e corresponden co presente exercicio, 2018.  O prazo do que dispoñen as entidades de iniciativa social para presentar as solicitudes é dun mes. En caso de terminar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte. As solicitudes, xunto co resto da documentación, presentarase no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames, o na sede electrónica do Concello (https://sede.concellodeames.gal/es/). Igualmente poderá presentarse no Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC), ao que se pode acceder desde o enlace dispoñible na sede electrónica do Concello de Ames.

Estas axudas estarán dotadas dunha contía máxima de 40.531,73 euros, ás que poderán   optar todas as entidades legalmente constituídas, que realicen actividades complementarias aos Servizos Sociais comunitarios e que desenvolvan a súa  actuación, entre outros ámbitos, no Concello de Ames. Así, estas entidades deberán estar inscritas no Rexistro de asociacións da Xunta de Galicia e atoparse ao corrente no cumprimento de todas as súas obrigas tributarias. Asemade, as entidades solicitantes non poderán ter pendente de xustificación ningunha axuda anterior do Concello, a non ser que lle fora concedida unha prórroga.

As actuacións que poden ser presentadas son proxectos de inclusión social ou de convivencia, actividades de divulgación dos efectos de determinadas enfermidades, adiccións ou outras problemáticas de índole sanitarios, e actuacións destinadas a adquirir capacitación persoal, formación básica e de tipo laboral específica, adaptadas ás necesidades de persoas con algún tipo de discapacidade. Os gastos que poderán ser subvencionados ata nun 80% do orzamento total serán os gastos de persoal necesarios para a execución destas actuacións, os gastos correntes consumibles non amortizables necesarios para a realización da actividade, incluídos gastos de suministros pero non os de aluguer dos locais utilizados para o seu desenvolvemento; ou gastos de axudas económicas directas a persoas usuarias dos Servizos Sociais comunitarios, destinadas á cobertura de necesidades urxentes ou de emerxencia social para satisfacer necesidades primarias. O importe individual das achegas concedidas non poden superar os 7.500 euros por proxecto de actuación, cun máximo de tres proxectos por entidade.

Os obxectivos desta liña de axudas son procurar unha óptima atención complementaria ás e aos usuarios/as dos Servizos Sociais, mediante a cofinanciacións das actividades levadas a cabo por entidades de iniciativa social no ámbito dos servizos comunitarios e da inclusión social. A través destas axudas búscase formular un instrumento único que dea cabida a todas as iniciativas que neste ámbito competencial son desenvolvidas por entidades desta natureza, facilitándose así unha máis efectiva coordinación entre os dispositivos existentes. Ademais, tamén se pretende unificar programas e actividades que, aínda que comparten obxectivo cos realizados no ámbito municipal, non comparten a mesma natureza en canto aos responsables da súa xestión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies