Ames abre o prazo para solicitar columbarios e panteóns

0

Ames, 30 de xaneiro do 2019 – O concello de Ames pon en marcha o proceso de adxudicación directa das unidades de enterramento, columbarios e panteóns, que quedaron sen adxudicar na licitación anterior do cemiterio municipal.

A convocatoria de adxudicación de espazos no cemiterio de Os Batáns oferta 94 columbarios, situados na rúa número 1, por un período de 25 anos (500 euros) ou 75 anos (552 euros); 58 panteóns tipo A, situados na rúa número 1, por un período de 25 anos (2.635,83 euros) ou 75 anos (4.754 euros); e 96 panteóns tipo A, situados na rúa número 7, por un período de 25 anos (2.635,83 euros) ou 75 anos (4.754 euros).

Dos panteóns tipo B ou nichos independentes saen a licitación un total de 278 espazos. Pódese optar por un período de 25 anos (3.106,44 euros) ou 75 anos (5.591,60 euros); e aos nichos independentes da rúa número 2, por un período de 25 anos (850 euros) ou 75 anos (1.481,78 euros). Asemade, pódese optar a 58 tumbas, situadas na rúa 6, por un período de 25 anos (823,21 euros) ou 75 anos (1.481,78 euros).

Proceso de adxudicación directa

Os/as interesados/as deberán presentar a correspondente solicitude de adxudicación directa de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames. As unidades de enterramento serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada das solicitudes e segundo o regulamento vixente.

Os impresos de solicitude poden conseguirse na Casa do Concello (Bertamiráns), nas Oficinas xerais do Milladoiro ou na sección de Avisos da páxina web municipal. O persoal municipal axudaralle á veciñanza para cubrir ditas solicitudes. Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ao número de teléfono 981 883 002 ou enviando un correo electrónico ao enderezo atencioncidada@concellodeames.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial