займ срочно

Ames abre un fogar de tránsito en Firmistáns

0

Ames, 15 de novembro do 2018 –  Ames ven de presentar a vivenda de tránsito de Firmistáns xa lista para a súa posta en funcionamento tras ser rehabilitado o edificio.

Este fogar de tránsito esta pensado para acoller de xeito temporal a persoas en situación de risco social. A antiga escola unitaria converteuse nunha vivenda cunha planta superior composta por dous dormitorios dobres, con capacidade para un total de oito persoas, dous baños completos e unha pequena zona de lecer. A planta de abaixo, pola súa banda, é unha estanza multidisciplinar e aberta composta dunha cociña-comedor e unha sala de estar. Esta estanza foi decorada co obxectivo de que, con pequenos e fáciles movementos de mobiliario, poida ser adecuada as necesidades do momento, como pode ser o seu uso como vivenda adaptada ou o desenvolvemento de obradoiros, entre outras. O salón da planta inferior converterase no espazo onde se realizarán accións de terapia grupal, empoderamento, e outras actividades que variarán dependendo das necesidades. Ademais, as obras de rehabilitación tamén consistiron na renovación das instalacións da rede eléctrica, fontanería (auga fría e quente), saneamento (pluviais e fecais), telefonía e telecomunicacións, así como da iluminación e mobiliario.

Coa rehabilitación desta antiga escola unitaria dótase ao Concello de Ames dun recurso habitacional propio, dispoñible para acoller persoas en situación de risco social temporal, ben pola existencia dunha situación puntual de risco (desafiuzamentos de familias, catástrofe ou accidente no aloxamento habitual), ou ben dar cobertura temporal de aloxamento e manutención a persoas cun risco estrutural, pobreza, ausencia de aloxamento, ou inviabilidade de manutención, nenos en acollida temporal, etc. Este edificio tamén pode ser empregado para dar comidas a persoas de escasos recursos, despensa de banco de alimentos, etc. Asemade, este proxecto, debido as súas características de versatilidade dará cabida a distintas actividades comunitarias temporais ás que no seu momento sexa preciso dar soporte municipal. Esta actuación pretende ser o inicio da constitución dunha rede de base parroquial de edificacións de similares características, que dean servizo ao concello e ás súas comunidades e que se convertan pioneiras desde o punto de vista das prestacións desenvolvidas. O lugar será tamén un punto de integración e animación comunitaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies